Lionor de Aragón, nada o 2 de maio de 1402 e finada en Toledo o 19 de febreiro de 1445), foi unha infanta aragonesa, que foi raíña consorte de Portugal polo seu matrimonio con Duarte I e, á morte deste, rexente durante parte da minoría de idade do seu fillo Afonso.

Orixes familiares Era filla do rei Fernando I de Aragón e da súa esposa Lionor de Alburquerque, condesa de Alburquerque.

Por vía materna era neta de Beatriz de Portugal e, por tanto, bisneta do rei Pedro I de Portugal e Inés de Castro.

Tivo cinco irmáns e unha irmá: Afonso, María, Xoán, Henrique, Sancho e Pedro.

Traxectoria Alianza dos infantes de Aragón cos infantes de Portugal, contra Castela En 1428 casou co herdeiro do trono portugués, Eduardo, e foi raíña consorte de Portugal dende a ascensión de Eduardo o trono en 1433 ata a morte deste en 1438. A voda foi concertada polo seu irmán Afonso e Pedro de Noronha, arcebispo de Lisboa e fillo do conde Alfonso de Noronha. Segundo as crónicas:

Con este enlace rubricábase a alianza dos infantes de Aragón cos infantes de Portugal contra o rei de Castela e os que levaban o cargo do goberno da súa persoa e estado (ou, o que é o mesmo, contra o condestable Álvaro de Luna). Ó paso do séquito da infanta camiño de Portugal por Valladolid, onde residía a corte nese momento, celebráronse xustas e correron lanzas con notable esplendor e boato na honra do acontecemento até que se reemprendeu a marcha o 21 de xullo de 1428.

Morte do rei Duarte Trala morte do su esposo o rei Eduardo, foi designada polas Cortes de Torres Novas de 1438 rexente do reino durante a minoría do primoxénito e herdeiro, Afonso, que nese momento tiña só seis anos. Este feito provocou os receos dos grandes do reino, que formaron un partido arredor do infante Pedro, ó que atribuían mellor dereito para exercer a rexencia. Nas Cortes de Lisboa de 1439, Lionor foi obrigada a abandonar o cargo de rexente do reino, que lle foi encomendado a Pedro de Portugal, tío do neno.

miniatura|300px|Sepulcro dos reis Duarte I de Portugal e Lionor de Aragón no Mosteiro de Batalha.

Morte e sepultura Lionor retirouse a Castela e faleceu no mosteiro de Santo Domingo el Real de Toledo o 19 de febreiro de 1445, envelenada —en opinión de Jerónimo de Zurita— polo Condestable de Castela.

Recibiu sepultura no convento de Santa María da Vitoria en Batalha.

Descendencia Do seu matrimonio co rei Duarte naceron varios fillos, aínda que só algúns chegaron a adultos:

Afonso, que reinaría en Portugal co nome de Afonso V; Fernando, pai do rei Manuel I de Portugal; Lionor, esposa do emperador Frederico III de Habsburgo; Catarina, relixiosa e escritora Xoana, segunda esposa de Henrique IV de Castela.

Devanceiros de Lionor de Aragón

</div></div>

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ventura, Margarida Garcez & Araujo, Julieta (2011): D. Leonor de Aragão: A Triste Rainha - 1402(?)-1445. Lisboa / Vila do Conde: Academia Portuguesa da História / QuidNovi. ISBN 978-98-9554-792-0. Rodrigues, Ana Maria S. A. (2013): As Tristes Rainhas. Leonor de Aragão - Isabel de Coimbra. Lisboa: Temas e Debates. Bertrand Editora ISBN 978-98-9644-238-5.

Categoría:Coroa de Aragón Categoría:Casa de Trastámara Categoría:Infantes de Aragón Categoría:Nobres de España Categoría:Reis de Portugal Categoría:Nados en 1402 Categoría:Finados en 1445