miniatura|He'e poke (feito de polbo) con kimchi, aceite de sésamo, chile e sal mariño. O poke (en hawaiano quere dicir "seccionar" ou "cortar") é unha ensalada de peixe cru que serve como entrante na cociña hawaiana, e algunhas veces como prato principal. As formas tradicionais do prato levan aku (atún) e he'e (pobo). He'e poke ás veces é coñecido polo seu nome xaponés "Tako" Poke, agás en lugares como a illa de Ni'ihau, onde aínda se fala a lingua hawaiana. O ahi poke é o máis común e popular e leva atún de aleta amarela. Existen outras versións que levan salmón cru ou mariscos servidos cos outros ingredientes habituais do "poke".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Historia dos concursos de poke
Categoría:Ensaladas Categoría:Gastronomía de Hawai