Emilio Alonso Pimentel, nado en Madrid o 16 de xullo de 1958 e finado en Vigo o 14 de xuño de 2020, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Primeiro fillo de Xesús Alonso Montero e Emilia Pimentel Iglesias, nos anos oitenta realizou programas de radio (Montaje Curioso e A Trincheira) en Radiocadena Española-Vigo e RNE-Radio 4-Galicia. Foi coordinador da revista Tintimán, correspondente en Galicia de Rock de Lux e guionista do concurso musical Racha coas Ondas. Colaborou en Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Naval, Valiundiez e Escupe. Nos anos noventa traballou como guionista, coordinador e director de programas de televisión presentados como Café Café, Esto é noticia, Todos a Bordo, Televisión Total, Superpiñeiro, Toda unha vida, e A Noite en Blanco.

A súa primeira novela, Mercurio, foi premio de novela por entregas de La Voz de Galicia en 2008.

Obras ¡Po! Diario dunha viaxe a Palestina (2003). Fundación Araguaney. 106 páxs. Crónica, con fotos propias, da viaxe que o autor fixo en 2002 a Palestina, visitando as cidades israelitas e palestinas de Haifa, Xerusalén e Hebrón ben coma o campo de refuxiados de Al Fawwar. Publicado tamén en castelán: ¡Po! Diario de un viaje a Palestina. Mercurio (2008). Xerais. 104 páxs. Suspense ambientado en Lugo e protagonizado por un ex-policía que exerce como criminólogo, coñecido dos medios e famoso grazas á televisión. Vigo a 80 revolucións por minuto (2011). Xerais. 384 páxs. É unha crónica da movida viguesa da década de 1980 na que o autor foi colaborador activo deses acontecementos que supuxeron unha renovación conceptual das artes nunha época convulsa en Vigo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes