O Pórtico Real da Catedral de Tui é o conxunto escultórico que dá acceso, pola portada principal á Catedral-fortaleza de Santa María da cidade medieval fronteiriza de Tui, no Camiño Portugués de Santiago. E o máis espléndido portal gótico do século XIII existente en Galicia e un dos primeiros que na Península Ibérica se fixeron eco das novas orientacións estilísticas que xurdiran en Francia.
Descrición Situado na fachada oeste, con iconografía de mediados do século XIII.
Columnas e arquivoltas Ten oito columnas, catro a cada lado da porta, cada unha de ellas con feitío de estatua que representan, comezando polas catro da esquerda e contando desde a porta cara a fora: San Xoán o Bautista, caracterizado cun año. san Pedro coas chaves do ceo. Isaías, co pergamiño das súas profecías na man Moisés, coas táboas da lei. A peaña da estatua é unha nube que fai referencia ao pasaxe bíblico onde Iavé fai entrega ao pobo de Israel dos seus mandamentos:
A identificación das catro figuras da dereita resulta máis complexa: Daniel, coa cartela das súas profecías na man, caracterizado como home afeitado e co seu sorriso característico. Aos seus pés, o dragón que matou:
Unha personaxe bíblica, normalmente identificado como o profeta Xeremías. A cruz que porta como atributo distintivo resulta pouco común na imaxinería típica deste profeta. As últimas dúas son as que presentan máis dificultade, son figura de muller e home, as dúas vestidas solemnemente e as dúas con coroa real, o home leva na man unha construción: Manuel MurguíaGarcía Díaz, Jesús Manuel (28/12/2015). "La sublime verticalidad del portal de la catedral de Tui" . sostiña que eran Santa Eufemia e o rei bíblico Salomón, neste caso portaría o templo de Xerusalén. Outra posibilidade e que sexan un rei e unha raíña que favoreceron á catedral: Berenguela ou Orraca de Portugal e Afonso IX ou Fernando II. Neste caso a construción que porta a figura masculina sería a propia catedral. Unha derradeira opción pasa porque sexan Salomón e a raíña de Saba. Aquí a iconografía seguiría un escrito medieval que fala dunha discusión teolóxica entre os dous. Hai dous elementos que apoian esta teoría: as dúas estatuas dialogan entre si; aos pés de Salomón estaría o anano Marcolfo, unha personaxe paródica que exhibiu o seu cu e os seus xenitales durante unha disputa co rei, segundo a obra medieval Collatio[n]es quas dicuntur fecisse mutuo rex Salomon sapientissimus et Marcolpus facie deformis [et]c. turpissimusExemplar conservado na München, Bayerische Staatsbibliothek.
As sete arquivoltas, de arco apuntado, que son continuación das columnas e que pechan o conxunto da porta, están decoradas con motivos florais, propias de templos cristiáns dedicados á Virxe.
Tímpano No tímpano desta fachada, dividido en tres niveis, aparecen as seguintes escenas: Unha representación da Xerusalén celestial seguindo o texto da Apocalipse (21, 10-14):A Biblia. Apocalipse. Capítulos 16-22.
Na pedra do fondo, aínda se poden ver restos da policromía orixinal. Escenas dos Magos: os arcos onde se apoia a escena superior dividen a escena dos Magos en catro panos, que serven para situar aos personaxes: á esquerda, os Reis Magos visitan a Herodes, no centro, Adoración ao Neno Xesús. Como na escena seguinte, á dereita, en segundo plano está san Xosé. miniatura|Tímpano da Portada Real A representación da dobre escena resólvese dun xeito ben orixinal. No primeiro pano sitúase Herodes e no terceiro, a Virxe con Neno, ambas figuras sedentes, fachendosa a do rei e doce a de María. Os Magos ocupan o espazo entrambas e fan a transición dunha escena á outra: un mira cara a Herodes, outro mira á fronte (ou ao observador) e o terceiro está de xeonllos adorando ao Neno. Escena da Natividade, no plano inferior: coa anunciación aos pastores á esquerda, a Virxe co Neno no centro, nunha cama con dosel, ao seu carón, un algo apartado, San Xosé, e á dereita o que podería ser o anuncio á profetisa Ana. Resulta moi orixinal a escena central da Virxe: dunha banda, aparece nunha cama con dosel, o que estaría moi lonxe do relato evanxélico, porén, tras ela está o Neno Xesús nun berce ou presebe e asomando as cabezas, a mula e mailo boi, tal como o relatan os evanxeos apócrifos.
Outros elementos Toda a portada está protexida por un pórtico de planta cadrada, arcos tamén oxivais e bóveda de crucería. Os arcos están apoiados en columnas corintias e reforzados por contrafortes.
No alto das esquinas contrarias á portada hai dúas imaxes que completan a mensaxe do tímpano porque representan o chamado en teoloxía católica misterio da encarnación. As dúas pousan sobre pedestal a xeito de figura humana e están cubertas por dosel. No lado esquerdo, segundo se mira cara a catedral, unha imaxe de Nosa Señora do O coa representación habitual dunha muller nova embarazada que sostén o seu ventre coa man dereita, está realizada en pedra calcaria e procede da escola de Coimbra no século XIVPieza del mes de noviembre 2011: Virgen de la Expectación. No lado dereito completa o relato un Arcanxo Gabriel con cartela na man.
Por diante deste pórtico e no alto da escaleira que descenda ata a praza de San Fernando hai unhas columnas de pedra dóricas, con figuras en altorrelevo, unha a cada lado. Nun tempo desas figuras e unindo as columnas colgaban cadeas. Era fama que se algún fuxitivo da xustiza era quen de aferrase a estas cadeas conseguía ser xulgado pola xustiza eclesiástica, máis misericordiosa, en lugar de pola xustiza civil.
Galería de imaxes miniatura|Gravado do século XIX.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, Jesús Manuel (28/12/2015). "La sublime verticalidad del portal de la catedral de Tui" http://jesus-manuel.com .
Outros artigos
Museo catedralicio de Tui Museo diocesano de Tui Arquivo capitular e histórico diocesano de Tui Ligazóns externas 20px Panorámica de 360º en Turismo.gal. Xunta de Galicia. Portada principal Catedral de Tui.
Categoría:Catedral de Tui Categoría:Escultura relixiosa de Galicia Categoría:Escultura gótica Categoría:Monumentos do Camiño Portugués