Slobodan Praljak, nado en Čapljina o 2 de xaneiro de 1945, e finado na Haia o 29 de novembro de 2017, foi un enxeñeiro, director de televisión e home de negocios croata-bosníaco. Entre 1992 e 1995, serviu como xeneral do exército terrestre de Croacia e do Consello Croata de Defenso, un exército da República Croata de Herzeg-Bosnia.

Traxectoria Praljak foi acusado, e voluntariamente entregado, polo Tribunal Penal Internacional para a ex-Iugoslavia en 2004. En 2013, foi condenado por crimes de guerra contra o pobo bosníaco musulmán durante a guerra croata-bosníaca xunto con outros cinco oficiais croatas. Foi sentenciado a 20 anos de prisión. A apelación celebrouse en 2017; ó escoitar o veredicto de culpabilidade confirmado en novembro de 2017, Praljak respondeu que rexeitaba a resolución do tribunal. Despois sacou unha botella con veleno e bebeuno. Foi hospitalizado e morreu dez horas despois.

Notas

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados no cantón de Hercegovina-Neretva Categoría:Finados en 2017 Categoría:Suicidios en 2017 Categoría:Suicidas de Croacia Categoría:Militares Categoría:Historia de Bosnia e Hercegovina