miniatura|250px|Francia a finais do século X. En violeta, o dominio real. O dominio real francés (en francés Domaine royal), tamén coñecido como terras da coroa ou patrimonio da coroa de Francia refírese ás terras, feudos e dereitos directamente posuídos polos reis de Francia.Jean-François Sirinelli, dir. e Daniel Couty, conselleiro ed. (1999) : "domaine royal" en Dictionnaire de l'histoire de France. Volume 2 A-J. Paris: Armand Colin. ISBN 978-2-0350-5085-4, p. 367. Consultado o 30 de novembro de 2017.Charansonnet, Alexis (2006): "domaine royal" en Jean-François Sirinelli (dir.) Dictionnaire de l'histoire de France. Paris: Larousse. ISBN 978-2-0358-2634-3, p. 268. Consultado o 30 de novembro de 2017.

Mentres que o termo terras da coroa de Francia acabou refiríndose a unha unidade territorial, o dominio real francés orixinariamente referíase á rede de "castelos, aldeas, leiras, bosques, cidades, casas de relixión e bispados, e os dereitos de xustiza, portádegos e impostos" efectivamente ostentados polo rei ou baixo o seu dominio.

En termos de territorio, antes do reinado de Henrique IV, o domaine royal non abarcaba a totalidade do territorio do Reino de Francia, e durante a maior parte da Idade Media significativas porcións do Reino eran posesión directa doutros señores feudais.

Nos séculos X e XI, os primeiros capetos —sendo reis de Francia— estiveron entre os menos poderosos dos grandes señores feudais de Francia en termos do territorio posuído. Pacientemente, a través do uso da lei feudal (e, en particular, a confiscación de feudos de vasalos rebeldes, a conquista, a anexión, hábiles matrimonios con herdeiras de grandes feudos, e incluso por compra), os reis de Francia puideron incrementar o seu dominio real. Na época de Filipe IV, o significado de "dominio real" comezou a pasar de ser unha mera colección de terras e dereitos a unha unidade territorial fixa, e no século XVI o "dominio real" comezou a coincidir con todo o territorio do Reino. Porén, o sistema medieval de apanaxe (unha concesión dun feudo cos dereitos das terras polo soberano aos seus fillos menores (non aos delfíns, que revertería á coroa ao extinguirse a liña masculina descendente do titular orixinal) alleou amplos territorios do dominio real e ás veces creou rivais perigosos (especialmente no Ducado de Borgoña nos séculos XIV e XV).

Durante as guerras de relixión de Francia criticouse con frecuencia a alleación de terras e feudos do dominio real. O edito de Moulins (1566) declarou que o dominio real (definido no segundo artigo como toda a terra controlada pola coroa durante máis de dez anos) non podía allearse, excepto en dous casos: con vinculacións, no caso dunha emerxencia financeira, cunha opción perpetua de recomprar a terra, e para formar unha apanaxe, que debería regresar á coroa no seu estado orixinal cando se extinguira a liña masculina.

Tradicionalmente, esperábase que o rei mantivera as súas necesidades vitais a partir das rendas xeradas polo dominio real, pero as necesidades fiscais, especialmente en tempos de guerra, levaron aos reis a promulgar impostos "especiais", como a taille, sobre a totalidade do Reino (a taille fíxose permanente en 1439).

Cronoloxía da formación do dominio real

miniatura|250px|O Reino de Francia en tempos de Hugo Capeto. O dominio real francés en azul.

Reinado de Hugo Capeto Ao comezo do reinado de Hugo Capeto, o patrimonio da coroa era extremadamente pequeno e estaba formado, en esencia, por unha serie de posesións dispersas nas rexións da Île-de-France e o Orleanesado (Senlis, Poissy, Orléans), con outras bolsas illadas, como Attigny. Estas terras foron en gran medida a herdanza dos robertianos, os directos antecesores dos capetos.

988: Montreuil-sur-Mer foi o primeiro porto posuído polos capetos, que se adquiriu grazas ao matrimonio do herdeiro Roberto (futuro Roberto II o Piadoso) con Rozala, a viúva de Arnulfo, conde de Flandres.

Reinado de Roberto II

1016: adquisición do Ducado de Borgoña. O rei era sobriño do duque Henrique de Borgoña, que morreu sen herdeiros. Roberto gañou os Condados de París, Dreux e Melun, e negociou a última adquisición (1055) dunha parte de Sens.

Reinado de Henrique I

miniatura|250px|O Reino de Francia en 1030. Dominio real francés en azul.

1034: o rei dá o ducado de Borgoña ao seu irmán Roberto, (o Ducado pertencería aos seus descendentes até 1361; véxase Casa de Borgoña). 1055: anexión do condado de Sens.

Reinado de Filipe I

1068: adquisición do Gatinado e Château-Landon a Fulco, conde de Anjou 1077: anexión do Vexin francés 1081: adquisición de Moret-sur-Loing 1101: adquisición do vizcondado de Bourges e o señorío de Dun-sur-Auron a Odón Arpin de Bourges

Reinado de Lois VI

o rei pasou gran parte do seu reinado pacificando e consolidando o dominio real combatendo algúns señores feudais (os señores de Montlhéry, de Coucy, de Puiset, de Crécy...) de Fulco, vizconde do Gatinado, Lois comprou Moret, Le Châtelet-en-Brie, Boësses, Yèvre-le-Châtel e Chambon. Outros engadidos ao dominio real foron: Montlhéry e Châteaufort, Chevreuse, Corbeil, Meung-sur-Loire, Châteaurenard e Saint-Brisson.

Reinado de Lois VII miniatura|250px|O Reino de Francia en 1154. Dominio real francés en azul escuro.

1137: matrimonio de Lois con Aliénor de Aquitania, duquesa de Aquitania e Gascuña e condesa de Poitou. Por este matrimonio, Lois esperaba unir a maior parte do suroeste de Francia ao dominio real. 1137: Lois entrega Dreux ao seu irmán Roberto. 1151: separación de Lois VII e Aliénor de Aquitania, que en 1152 casou con Henrique Plantagenet, conde de Anjou, conde de Maine e duque de Normandía, quen se converteu en 1154, en rei de Inglaterra. As terras de Leonor pasaron a ser de Henrique como dote. 1160: dá o Vexin normando á súa filla Margarita como dote. Margarita máis adiante viuse obrigada a ceder a súa dote.

Reinado de Filipe II Augusto

miniatura|250px|As conquistas territoriais de Filipe II de Francia. 1180, Francia na época do seu nacemento; 1223, Francia no momento da morte deste rei.

1184: concesión de Montargis. 1185: polo tratado de Boves, gaña Amiens e Montdidier, Roye, Choisy-au-Bac e Thourotte e dereitos á herdanza de Vermandois e Valois. 1187: toma Tournai do bispo.. confisca Meulan, Gisors, e outros castelos.Hallam, 158. 1191: á morte de Filipe de Alsacia, conde de Flandres, o condado de Artois e as súas dependencias, a herdanza da raíña Isabel de Henao, entregáronse ao príncipe Lois. Estas zonas non se integrarían no dominio real ata 1223 cando Lois se converteu en rei.Hallam, 158. 1191: o condado de Vermandois é adquirido polo ri, trala morte de Isabel de Vermandois, a herdeira do condado. Confirmado en 1213, por Eleonor de Vermandois irmá de Isabel. Filipe tamén obtivo o Valois. 1200: anexiónase o Vexin normando 1200: o condado de Évreux e Issoudun son anexionados, a cambio do recoñecemento do rei de Xoán como rei de Inglaterra.Hallam, 158. 1204: confiscación do ducado de Normandía, a Turena, Anjou, Saintonge e, temporalmente, do Poitou de Xoán de Inglaterra. 1208: La Ferté-Macé confiscada por Guillerme IV de Ferté-Macé 1220: o condado de Alençon únese ao dominio real en ausencia dun herdeiro masculino ao conde Roberto IV (o condado é vendido pola vizcondesa de Châtellerault).

Reinado de Lois VIII

1223: Philippe Hurepel, medio irmán do rei, recibe en apanaxe os condados de Boulogne (Boulogne-sur-Mer) e de Clermont (Clermont-en-Beauvaisis), así como os feudos de Domfront, Mortain e Aumale. Poitou, Saintonge, Angoumois, Périgord e unha parte do Bordelés foron confiscados ao rei de Inglaterra. despois da cruzada albixense (1209–1229) contra os cátaros e o conde de Tolosa, o rei anexiona o condado de Tolosa, cuxa herdeira, Xoana de Tolosa, casou con Afonso, conde de Poitou, fillo do rei, en 1237. 1225: no seu testamento, Lois concede a apanaxe de Artois e a herdanza da súa nai ao seu segundo fillo Roberto; Poitou e Auvernia ao seu terceiro fillo Afonso; e Anjou e Maine ao seu carto fillo Xoán (debido á morte de Xoán, estas posesións irían ao sétimo fillo de Lois, Carlos).Hallam, 248.

Reinado de Lois IX

1229: Ramón VII de Tolosa cedeu ao rei as sénéchaussées de Nîmes–Beaucaire e de Béziers–Carcassonne polo Tratado de París (1229) 1237: o rei confirma a apanaxe do condado de Artois para o seu irmán Roberto I de Artois. 1241: o rei confirma a apanaxe de Poitou ao seu irmán Alfonso, conde de Poitou. 1249: Alfonso, conde de Poitou, por dereito da súa esposa sucede a Ramón VII de Tolosa. 1255: o condado de Beaumont-le-Roger é comprado de novo a Raúl de Meulan. 1258: o rei renuncia ao Rosellón e Cataluña; a cambio o rei de Aragón renuncia a Provenza e Languedoc (Tratado de Corbeil) 1259: adquire os señoríos de Domfront e de Tinchebray. 1259: o rei entrega ao rei de Inglaterra Henrique III o Ducado de Aquitania, e promételle Saintonge, Charente e Agenais en caso de morte sen herdeiro do conde de Tolosa Alfonso de Poitiers polo Tratado de París (1259). 1268: o rei entrega o condado de Alenzón o Perche ao seu fillo Pedro. o rei entrega como apanaxe o condado de Valois ao seu fillo Xoán Tristán e Clermont-en-Beauvaisis ao seu fillo Roberto.Hallam, 248.

Reinado de Filipe III

1271: reversión do condado de Tolosa, Poitou e Auvernia, o condado Venaissin, apanaxes de Alfonso, conde de Poitou, ao dominio real 1274: adquisición do condado de Nemours 1274: o rei cede a metade do condado Venaissin ao papa Gregorio X 1283: Perche e o condado de Alenzón son herdados do irmán do rei, Pedro I de Alenzón. 1284: marca o condado de Chartres. o rei fai apanaxe de Valois ao seu fillo segundo Carlos e Beaumont-en-Oise ao seu terceiro fillo Lois.Hallam, 250.

Reinados de Filipe IV, o Fermoso e os seus fillos

1284: matrimonio de Filipe o Fermoso, futuro rei de Francia, coa raíña Xoana I de Navarra, condesa de Champaña. O condado de Champaña viuse así reunido co dominio real (feito oficial en 1361) 1285–1295: compra do Condado de Guînes ao conde Arnould III necesitado do diñeiro para pagar un rescate. 1286: compra do condado de Chartres a Xoana de Blois-Châtillon, viúva do deu tío Pedro 1292: Ostrevant 1295: o rei entrega parte do condado de Guines. en canto volveron á coroa, Filipe IV fixo apanaxes do Alenzón, Chartres e Perche ao seu irmán Carlos e Évreux ao seu irmán Lois. Polo seu matrimonio, Carlos tamén adquire Maine e Anjou. Filipe deu aos seus fillos as apanaxes de Poitiers a Filipe, e La Marche e Angulema a Carlos.Hallam, 250. 1308: compra do condado de Angulema, de Fougères e de Lusiñán a Yolanda de Lusiñán 1313: Confiscación de Tournai - que aínda así é unha terra que pertence ao Imperio - de María de Mortagne. 1322: o condado de Bigorra é incorporado ao dominio real ao coroarse rei Carlos IV, que recibiu da súa nai Xoana I de Navarra.

Reinado de Filipe VI de Valois

as apanaxes do novo rei (Valois, Anjou, Maine, Chartres e Alençon) únense de novo ao dominio real. 1336: conquista de condado de Ponthieu, entregado ao rei de Inglaterra en 1360. 1343–1349: o Delfinado é vendido ao reino de Francia polo Delfín de Viennois. 1349: compra para o reino de Francia do señorío de Montpellier a Xaime III de Mallorca, o deposto rei de Mallorca, por 120.000 escudos franceses (écus).

Reinado de Xoán II

1350–1360: despois da morte de Raúl II de Brienne, conde de Guînes e condestable de Francia (decapitado por traizón), o condado de Guînes queda confiscado. Será cedido aos ingleses no tratado de Brétigny. 1360: polo tratado de Brétigny, Aquitania (1/3 do reino) é dado ao de Inglaterra, par obter a liberación do rei francés, prisioneiro desde a batalla de Poitiers (1356).