Os papúas son un conxunto de pobos indíxenas da illa de Nova Guinea e as illas veciñas, que falan as diferentes linguas papúas. Diferéncianse lingüística e etnicamente dos austronesios, que son falantes dunha familia lingüística introducida en Nova Guinea hai trescentos anos.

Linguas papúas

miniatura|280px|Área onde se falan as diferentes linguas papúas, autóctonas da rexión e cuxa presenza se remonta a milenios antes da chegada dos pobos austronesios. O gran número de grupos étnicos distinguibles na illa de Nova Guinea e os arquipélagos adxacentes reflíctese na gran diversidade lingüística desta rexión xeográfica. Dende comezos do século XX, antropólogos e lingüistas traballaron para documentar as linguas papúas, clasificalas e reconstruír a súa historia pasada. O traballo conxunto de antropólogos e lingüistas permitiu aclarar a etnoxénese dos pobos de Nova Guinea e os arquipélagos achegados.

Xenética miniatura|250px|Veleiro papúa. Nun estudo de 2005 sobre variacións do xene ASPM, Mekel-Bobrov et al. descubriron que os pobos papúas teñen a taxa máis alta do haplogrupo D do recentemente evolucionado ASPM, co 59,4% de ocorrencia do alelo de 6 000 anos de antigüidade."Ongoing Adaptive Evolution of ASPM, a Brain Size Determinant in Homo sapiens", Science, 9 de setembro de 2005: Vol. 309. no. 5741, pp. 1720–1722. Malia que non se coñece exactamente cal é a vantaxe selectiva que proporciona este xene, o alelo do haplogrupo D crese que foi seleccionado positivamente en poboacións para conferir algunha vantaxe substancial que fixo que a súa frecuencia medrase axiña.

Os principais haplogrupos do cromosoma Y dos pobos papúas son o haplogrupo K2b1 (Y-DNA) e o haplogrupo C1b2a.崎谷満『DNA・考古・言語の学際研究が示す新・日本列島史』(勉誠出版 2009年)

Grupos étnicos papúas

Territorio indonesio

Amung Arfak Asmat Bauzi Dani Ekari Fayu Kombai Koteka Korowai Lani Marind Mek Moni Sawi Wolani Yali

Territorio de Papúa-Nova Guinea

Abelam Angu Baining Baruya Bilibil Chambri Enga Etoro Fore Gadsup Gogodala Hewa Huli Iatmul Kaluli Kwoma Koteka Maisin Mian Min Motuan Mundugumor Ogea Orokaiva Sambia Swagap Tairora Tanga Takia Telefol Tolai Tsembaga Urapmin Wiru Wopkaimin Yimas Zia

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Grupos étnicos de Indonesia Categoría:Grupos étnicos de Papúa-Nova Guinea