Fellini 8½ (en italiano, 8½) é un filme franco-italiana de 1963 dirixido por Federico Fellini, con Marcello Mastroianni, Claudia Cardinale e Anouk Aimée como actores principais.
É unha das fitas máis coñecidas do realizador, e segundo varios críticos cinematográficos é un dos mellores filmes da historia.En bfi.org.uk Foi filmado en branco e negro, e a música foi composta por Nino Rota.
Foi emitido na TVG o 3 de agosto de 1996.La Voz de Galicia, 3 de agosto de 1996. Páx. 87
Argumento O célebre director e guionista Guido Anselmi está a atravesar unha fonda crise creativa e intenta relaxarse despois do seu último filme. Non pode conseguir a tranquilidade necesaria para atopar ideas novas para o seu seguinte filme e todo o mundo parece ansioso de saber en que punto se atopa o traballo que está a preparar. Está só, quere estar só, e busca unha resposta nas visións que invaden a súa mente, as máxicas e enigmáticas palabras: "Asa-Nisi-Masa", lembranzas dunha vida, soños fantásticas e escuras imaxes dun futuro nebuloso. A chegada de Claudia, actriz e musa da súa vida, e da súa amante Carla trae novas inquedanzas en vez da serenidade e o consolo que esperaba.
Elenco Marcello Mastroianni .... Guido Anselmi Claudia Cardinale .... Claudia Anouk Aimée .... Luisa Anselmi Sandra Milo .... Carla Rossella Falk .... Rossella Barbara Steele .... Gloria Morin Madeleine LeBeau .... Madeleine, a actriz francesa Caterina Boratto .... muller misteriosa Eddra Gale .... La Saraghina Guido Alberti .... Pace, o diretor Mario Conocchia .... Conocchia, o director de produción Bruno Agostini .... o secretario de produción Cesarino Miceli Picardi .... Cesarino
Características O filme emprega unha enxeñosa estratexia para mostrar o bloqueo creativo que o propio Fellini estaría a sentir: contar a propia dificulatade de realizar un filme. É un filme metalingüístico, que usa a linguaxe do cinema para comentar o filme que as súas personaxes están a realizar.
O filme ten grandes influencias da psicanálise jungiana, da que Fellini era un entusiasta.FELLINI, Federico. The Book of Dreams. Nova York, Rizzoli, 2008 Un exemplo é o gran foco nos soños do protagonista para explicar a súa persoa e acontementos da súa infancia. O uso da fotografía en branco e negro tamén server para reforzar o concepto jungiano de sombra.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 35ª edición dos Óscar Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Bibliografía Affron, Charles. 8½: Federico Fellini, Director. New Brunswick: Rutgers University Press, 1989. Alpert, Hollis. Fellini: A Life. Nova York: Paragon House, 1988. Bondanella, Peter. The Cinema of Federico Fellini. Princeton: Princeton University Press, 1992. Bondanella, Peter. The Films of Federico Fellini. Cambridge: Cambridge University Press, 2002. Fava, Claudio e Aldo Vigano. The Films of Federico Fellini. Nova York: Citadel Press, 1990. Fellini, Federico. Comments on Film. Ed. Giovanni Grazzini. Trans. Joseph Henry. Fresno: The Press of California State University at Fresno, 1988. Kezich, Tullio. Federico Fellini: His Life and Work. Nova York: Faber and Faber, 2006.
Ligazóns externas Crítica en Chicago Sun-Times por Roger Ebert Crítica en Guardian.uk por Derek Malcolm Artigos en Criterion Collection por Alexander Sesonske
Categoría:Filmes de 1963 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes dirixidos por Federico Fellini Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes de 1963 con versión en galego