Montse Fajardo Pérez, nada en Vilagarcía de Arousa o 27 de abril de 1973, é unha xornalista e escritora galega.

Traxectoria É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un mestrado en Dereito das Administracións e Institucións Públicas. Traballou en O Salnés Siradella, Radio Ames, Diario de Arousa e Faro de Vigo, e colabora en programas de radio.

De 2013 a 2021 coordinou o equipo do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra. De 2021 a 2023 foi técnica de memoria histórica na Deputación de Pontevedra.

Deu a coñecer en centros educativos e asociacións as consecuencias do insurrección sublevada en Galicia coa charla "A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36".

Tomou conciencia da conexión entre a represión franquista e a impunidade xa cando era nena, escoitando a súa avoa materna, falando dos tempos da guerra civil e de toda a transmisión familiar de represión silenciada polo medo a posguerras. Anos despois centrouse na investigación e a recuperación da memoria histórica desde unha perspectiva feminista, poñendo o foco nas testemuñas de mulleres que foron relegadas a un segundo plano.

Tras catro anos de investigación, autoeditou o seu primeiro libro: Matriarcas. Mulleres en pé de vida. A través das entrevistas feitas a dez mulleres de diversos puntos de Galicia, quixo dar voz as grandes esquecidas do seu tempo, as mulleres e o matriarcado que protagonizaron sostendo a sociedade galega da posguerra.

Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu foi o seu segundo libro. Continuou coa mesma metodoloxía do Matriarcas, sendo outro exemplo de como as fontes orais con materia prima para facer historia -aínda que as veces subestimada- e tamén para facer memoria e xustiza.

Como o que indicara o historiador Pepe Álvarez Castro, Fajardo afirma no seu limiar que é verdade, que ela está dun único lado, do das vítimas, de tódalas vítimas, do único lado do que podería estar: o das silenciadas.

En Invisibles, Fajardo dá todo o protagonismo as mulleres dos relatos, visibilizando as diferentes tipoloxías de maltrato sufrido, físico, psicolóxico e ata o asasinato nas mans dos homes maltratadores. Ademais, salienta un coidado especial sobre as criaturas que viven estas situacións e subliña as condutas que levan á violencia machista, para identificalas.

Con motivo do Día das Letras Galegas e desde o Concello de Pontevedra Fajardo escribiu O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros, como homenaxe á escritora María Victoria Moreno, galardoada en 2017. Trátase dun percorrido polos lugares que Moreno adoitaba frecuentar, participando da vida social e política de Pontevedra, a través de diferentes testemuñas.

Facendo unha recompilación de datos sobre Virxinia Pereira, para A memoria das Mulleres e a web Do gris ao violeta, decatáronse que entre as cartas ao escritor Otero Pedrayo daban mostras precisas do seu posicionamento social e político. Montse Fajardo decidiu escribir a súa biografía para recuperar a figura dunha muller comprometida e con ideais propios, incluso antes de casar con Castelao.

En 2020 entrou na directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Dentro do proxecto O pasado por vir, do Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra,​ participou na elaboración do documental Acorda (2021), que comezou a cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra, co obxectivo de dar a coñecer lugares e feitos relacionados coa represión franquista na provincia a través da música.

Na segunda entrega Acordamos (2023), Fajardo fala da loita antiforal, coa historia de mártires de Sobredo que foron Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis, Joaquín Estévez, de Soutelo de Montes e Venancio González, de Budiño, que foron asasinados o 28 de novembro de 1922 na parroquia tudense de Guillarei.

En 2023 foi colaboradora habitual do faladoiro radiofónico de Radio Arosa-Cadena SER e do xornal Nós Diario.

Foi comisaria e autora dos textos das exposicións itinerantes Sinaladas, a loita das galegas no século XX, (Deputación da Coruña, 2023) e Rexas, mulleres baixo o terror franquista, (Deputación de Pontevedra, 2017). Ademais foi co-comisaria e coautora da exposición Do gris ao violeta (Concello de Pontevedra, 2016).

Forma parte do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega.

Obra miniatura|Presentación de "O escalón de Ulises...", Pontevedra, 05/05/2018 Matriarcas, mulleres en pé de vida (2012). Autoedición.Matriarcas. Mulleres en pé de guerra, recensión da obra no blog de Ramón Nicolás. Un cesto de mazás, memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu (2015). AutoediciónUn cesto de mazás, de Montse Fajardo, crítica do libro a cargo de Ramón Nicolás. “As que quedaron”, no libro Do gris ao violeta. Achega á historia das mulleres pontevedresas (2016). Concello de Pontevedra.Violetas para a Memoria, recensión da obra no blog de Armando Requeixo. Invisibles (2017). Editado por Matriarcas e o concello de Pontevedra. Foi traducido pola propia autora e publicado en Edicións do Cumio (2021) O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros (2018). Concello de Pontevedra. A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira (2020). Concello de Pontevedra. ROTAS. As mulleres que o franquismo agochou en Compostela (2024). Concello de Santiago de Compostela. 126 páxs. ISBN 978-84-128055-7-4. Caídas: achegamento ao ‘Patronato de Protección a la Mujer’ en Galicia (2024). Santiago: USC. ISBN 978-84-10142-33-6.

Libros colectivos

Do gris ao violeta. Achega á historia das mulleres pontevedresas (2015). Concello de Pontevedra. Pedaleando por Vilagarcía (2016). O faiado da memoria. Somos memoria (2021). A.C. 28 de agosto. O pasado por vir (2021). Acorda (2022). Desmontando a propaganda franquista (2022). Gestión feminista del hábitat  (2022). Centro de Investigaciones y Estudios sobre Cultura y Sociedad. En castelán. O pasado por vir II- Un tempo posible (2023). O fardel da memoria de Conde Corbal (2023). Deputación de Pontevedra. Vigo, 1972 (2023). CC.OO. A música represaliada (2023). Deputación de Pontevedra. "Castelao, inmigrante ilegal", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.

Premios

2018: II Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey polo seu artigo “O universo de Carlos” protagonizado por un neno con autismo. 2023: Premio SELIC do Concello de Santiago con Onde habita a tolemia. Na modalidade de ensaio, a autora visibiliza a enfermidade mental e a represión institucional contra as mulleres psiquiatrizadas nunha historia ambientada nunha institución mental de Santiago. 2023: Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual por Caídas. Achegamento ao Patronato de protección da muller en Galicia. 2025: Premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade de divulgación por As mulleres que o franquismo agochou en Compostela.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista en Biosbardia, 2022.

Categoría:Xornalistas de Vilagarcía de Arousa Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela