Hendrik Anthony Kramers, tamén coñecido como Hans Kramers, nado en Rotterdam o 2 de febreiro de 1894 e finado o 24 de abril de 1952, foi un físico neerlandés que traballou xunto a Niels Bohr na investigación da interacción de ondas electromagnéticas.

Tras case dez anos traballando no grupo de Bohr e tras converterse en profesor asociado na Universidade de Copenhague, Kramers pasou a traballar como profesor de física teórica na Universidade de Utrecht, onde supervisou a Tjalling Koopmans. En 1934 converteuse no sucesor de Paul Ehrenfest en Leiden, mantendo tamén dende 1931 un posto na Universidade de Tecnoloxía de Delft.

En 1925 desenvolveu xunto a Werner Heisenberg a fórmula Kramers–Heisenberg da dispersión. Tamén se lle acreditaJagdish Mehra, Helmut Rechenberg, The Conceptual Completion and Extensions of Quantum Mechanics 1932-1941. Epilogue: Aspects of the Further Development of Quantum Theory 1942-1999: Volumes 6, Part 2, Springer, 2001, p. 1050. a introdución en 1948Laurie M. Brown (ed.), Renormalization: From Lorentz to Landau (and Beyond), Springer, 2012, p. 53). do concepto da renormalización na teoría de campos cuánticos, malia que nunha aproximación non relativista.. Desenvolveu tamén as relacións Kramers-Kronig en colaboración con Ralph Kronig.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Físicos dos Países Baixos Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden Categoría:Profesores da Universidade de Tecnoloxía de Delft Categoría:Nados en Rotterdam Categoría:Físicos cuánticos