Las maestras de la República é unha película documental española do ano 2013, dirixida por Pilar Pérez Solano.
Argumento As mestras republicanas foron unhas mulleres valentes e comprometidas que participaron na conquista dos dereitos das mulleres e na modernización da educación, baseada nos principios da escola pública e democrática.«Dossier de premsa de la pàgina web de la pel·lícula». [Consulta: Ddecembro de 2014]. O filme rescata a memoria e a relevancia das mestras que traballaron durante a II República española e que foron pezas clave na conquista dos dereitos das mulleres e na modernización da educación. A película articúlase a través da recreación do papel dunha mestra da época, a utilización de imaxes de arquivo e a entrevista a investigadores e familiares.
Produción O documental, como di o crítico Jordi Alcalde, “é discreto nas súas formas (un tradicional esquema televisivo), pero de innegable interese polo seu contido”. A historia empezou nunhas xornadas sobre as mestras republicanas na Biblioteca Nacional de Madrid, organizadas pola Federación do Ensino de UXT. Na sala, á parte de Pilar Pérez Solano, había persoas do antigo alumnado que lembraban o compromiso das profesoras, moitas das cales foron a prisión para defender a educación laica, pública e mixta; a universalización da educación era un dos alicerces da II República, pero estas mestras tamén se implicaron en asociacións, sindicatos e partidos políticos. Como comenta a directora: “A elas sancionoullas dobremente por ser mulleres. Loitaron polos valores igualitarios nunha escola para todos, seguindo un modelo que non era o da muller do nacionalcatolicismo".
Luz Martínez Ten convidou a Pilar Pérez Solano ás xornadas e enseguida viu que había que facer unha película sobre aquelas heroínas comprometidas repletas de desexos de transformar a sociedade. A continuación, Pérez Solano leu o libro e, como ela mesma di, aí descubriu, non só a forza das mestras, senón o entusiasmo co cal moitos investigadores tentaban recuperar a súa memoria, os seus nomes, e o que pasou realmente. Entón, veu a fase de documentación e a das entrevistas. O proceso de recompilación de documentación fíxose coa axuda desinteresada da xente e de organizacións como a Filmoteca de València ou a Fundació Alcalá Zamora. Segundo comenta a directora, ao principio só querían facer un documental de vinte minutos, posto que non dispuñan de demasiados recursos, pero a medida que aumentaba o coñecemento do tema, o proxecto tamén foi crecendo paralelamente. Para romper co documental convencional, crearon a figura da mestra interpretada por Laura de Pedro, que aparece sempre vestida como unha mestra da época e nun escenario case intacto, como é o Instituto Isabel a Católica, do Instituto Escola de 1928. Esta figura serve de transición entre os diferentes bloques temáticos, aínda que non dunha maneira explícita. A historia ficcionada da mestra vén acompañada pola voz en off que recita textos extraídos do libro Historia de una maestra, de Josefina Aldecoa. A ficción combínase coa historia de Hilda Farfante, filla de mestres republicanos asasinados o 1936, xunto a outras historias, como a de Alfonso Vigre, irmán de Julia Vigre, que foi presidenta de FETE-UXT, ou Elvira Ontañón, filla de María Sánchez Arbós, mestra da Institución Libre de Enseñanza.
Contexto histórico miniatura|Mestras españolas ca. 1931 Saucejo As mestras republicanas simbolizan o proxecto de transformación social e cultural da II República. Este novo réxime, que se iniciaba na primavera do ano 1931, supuxo un grande adianto en materia de dereitos para as mulleres, que aumentaron a súa participación en todos os espazos públicos e privados. Un dos obxectivos da República era garantir o dereito social á educación. Tíñanse que crear escolas que liberasen o país do peso da ignorancia e da pobreza. O seu modelo consistía a levar a cabo un ensino único baseada no principio de igualdade. Unha escola pública obrigatoria e gratuíta capaz de garantir a desaparición de diferenzas entre o alumnado. Os profesores e profesoras eran as almas da escola. Creouse un novo plan de formación en que homes e mulleres estudaban xuntos e no que o claustro das escolas de maxisterio, por primeira vez na historia, tamén era mixto.
miniatura|Mestras españolas ca. 1936 Luz Martínez Ten, directora do proxecto FETE-UGT, responsable da investigación e documentación da película, indica que a carreira de maxisterio era unha carreira curta, económica e con saída laboral, que permitiu que as mulleres puidesen entrar dentro do sistema público de traballo. FETE-UGT destacou que o legado das mestras republicanas “é hoxe en día un referente da educación, posto que as investigacións, ensaios, propostas didácticas e pedagóxicas que nos deixaron son máis necesarias que nunca para impulsar un proxecto educativo na construción dun mundo democrático. Por iso, nos tempos tan críticos como os que estamos a vivir, cun continuo ataque á educación e a outros dereitos sociais que son fundamentais para o desenvolvemento da nosa democracia e benestar, volvemos sobre os seus pasos e lembramos aqueles momentos en que loitaron para conseguir maiores cotas de igualdade, solidariedade e xustiza". Como indica a directora e guionista do documental, Pilar Pérez Solano: “Eran mulleres que fumaban, ían en metro, eran mulleres independentes que chocaban naquela época co machismo tradicional (…) ademais, non dependían dos homes para vivir, non necesitaban casar, tiñan o seu diñeiro." A historiadora Carmen Agulló Díaz, pola súa banda, destaca que se cortaron o cabelo e as saias, mentres podían escoller ser nais ou ter a súa propia vida.
Coa chegada da Guerra Civil española, moitas daquelas mestras tiveron que partir ao exilio, como Maria Sánchez Arbós; outras sufriron a represión en silencio, como Julia Vigre (presidenta de FETE).
Personaxes Marta Barriuso (voz en off) Laura de Pedro Mª da Carmen Agulló Díazː investigadora Hilda Farfante Gayo: familiar Carmen García Colmenares: investigadora Herminio Lafoz Rabaza: investigador Elvira Ontañón Sánchez-Arbós: familiar Mª do Mar do Pozo Andrés: investigadora Sara Ramos Zamora: investigadora Alfonso Vigre García: familiar
Premios e nomeamentos Goya á mellor película documental (2014)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Sánchez de Madariaga, E. (2012): Las maestras de la República. Ed. La Catarata (Asociación de los libros de la Catarata) Aldecoa, J. (2007): Historia de una maestra. Punto de Lectura.
Ligazóns externas
Las Maestras de la República en AllMovie Las Maestras de la República en FilmAffinity
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Gañadores dos Premios Goya Categoría:Filmes sobre a represión franquista