The Square é un filme satírico sueco de 2017 dirixido por Ruben Östlund e protagonizado por Claes Bang, Elisabeth Moss, Dominic West e Terry Notary. O filme trata sobre a publicidade que rodea unha instalación de arte e foi inspirada en parte por unha instalación que Östlund e o produtor Kalle Boman realizaran.
The Square participou no Festival de Cannes de 2017, onde recibiu en xeral críticas positivas e gañou a Palma de Ouro. Gañou tamén cinco premios do Cinema Europeo, incluíndo mellor filme e mellor comedia.
Argumento Christian, director artístico dun museo de arte contemporánea, encárgase dunha exposición titulada "The Square" na que hai unha instalación que fomenta valores humanos e altruístas. Cando contrata unha axencia de relacións públicas para difundir o acontecemento, a publicidade produce malestar no público.
Elenco Claes Bang como Christian Elisabeth Moss como Anne Dominic West como Julian Terry Notary como Oleg Christopher Læssø como Michael
Rodaxe 200px|miniatura|A galería do filme está baseada no Palacio Real de Estocolmo. O filme foi rodado en Estocolmo, Gotemburgo e Berlín. A galería do filme baséase no Palacio Real de Estocolmo. Moitas das obras de arte que aparecen no filme foron creadas especificamente, con instalacións influídas por Robert Smithson, unha imaxe auténtica de Garry Winogrand e traballos de Östlund e Kalle Boman.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Suecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes en lingua sueca Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes dirixidos por Ruben Östlund Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes rodados en Estocolmo Categoría:Filmes rodados en Berlín Categoría:Filmes rodados en Suecia Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro