Gabriella Morreale de Castro, nada en Milán en 1930 e finada en Madrid o 4 de decembro de 2017, foi unha científica española de orixe italiana, precursora de endocrinoloxía moderna en España xunto co seu home, o médico e cirurxián Francisco Escobar del Rey. Adicou a súa vida á investigación das enfermidades por deficiencia de iodo. A ela se deben os traballos que levaron á erradicación do bocio en España.
Traxectoria Morreale estudou Ciencias Químicas, licenciatura que completou en 1951 na Universidade de Granada. En 1955, fixo a tese doutoral co catedrático Enrique Gutiérrez Ríos, que completou cunha estancia posterior na Universidade de Leiden con Andreas Querido.
No 1958, volveu a España, ó Centro de Investigacións Biolóxicas, onde foi xefe da Sección de Estudos Tiroideos do Instituto Gregorio Marañón, entre 1963 e 1975. Foi directora do Instituto de Endocrinoloxía e Metabolismo Gregorio Marañón entre 1975 e 1980. Logo, no campus da Facultade de Medicina da Universidade Autónoma de Madrid, o seu laboratorio foi o xerme do actual Instituto de Investigacións Biomédicas, do que ostentou a vicedireción de 1984 a 1990. Tamén presidiu a Sociedade Española de Endocrinoloxía, de 1975 a 1979 e foi membro fundador da European Thyroid Association, da que foi presidente no 1977.
Ademais de acumular máis de 200 traballos científicos publicados, algúns importantes, a súa investigación sobre a tiroide permitiu a práctica erradicación do bocio por déficit de iodo en España, ó incorporarse comercialmente o sal iodado, e contribuíu de xeito decisivo na decisión de achegar suplementos de iodo ás nais embarazadas para asegurar o correcto desenvolvemento cerebral do feto.
Recoñecementos En 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional Gabriela Morreale, na área de medicina e ciencias da saúde.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676
Ligazóns externas European Thyroid Association Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición
Categoría:Endocrinólogos Categoría:Nados en Milán Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2017