José María Barro Soto, nado en 1909 e finado en Madrid o 21 de decembro de 1990, foi un político galego.

Traxectoria Foi secretario e presidente da Cámara Agraria de Ortigueira. Concelleiro de Ortigueira, foi elixido deputado provincial en 1949.La Voz de Galicia, 22-3-1949, p. 2. Foi alcalde de Ortigueira entre 1958 e 1959 e volveu ser alcalde entre 1969 e 1976. Finou en Madrid o 21 de decembro de 1990 con 81 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 22-12-1990, p. 70.

Vida persoal Casou con Dorila Bello Sanjurjo e foi pai de Jesús, Teresa, Maruja e Ramón Barro Bello.

Notas

Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña

Categoría:Nados en 1909

Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes