Bamako é un filme franco-maliano dirixido por Abderrahmane Sissako que se estreou no ano 2006. Presentouse no Festival Internacional de Cine de Cannes o 21 de maio dese mesmo ano e en Manhattan do New Yorker Films o 14 de febreiro de 2007.

O filme céntrase nun xuízo en Bamaco, a capital de Malí, no medio da vida cotiá da cidade. Durante o xuízo, ámbolos dous bandos debaten se o Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional son guiados polo interese especial das nacións desenvolvidas, ou se é a corrupción e a mala xestión das nacións a culpable do estado financeiro actual de moitos países africanos afectados pola pobreza e o subdesenvolvemento.

Danny Glover, un dos produtores executivos do filme, fai un papel como actor dun filme western (chamado Death in Timbuktu) que algúns nenos ven na televisión durante unha escena.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua bambara Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Malí Categoría:Filmes dirixidos por Abderrahmane Sissako Categoría:Filmes ambientados en Malí