María Vitoria Ogando Valcárcel, nada en Buenos Aires o 2 de xuño de 1956, é unha profesora e escritora galega.
Traxectoria miniatura|esquerda|Vitoria Ogando con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Manuel Castelao, Luís Cambeiro Cives, Anxo González Guerra, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez, María Xosé Queizán, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal e César Morán.
Con cinco anos, trasladouse a Ourense por mor da morte do seu pai. Estudou o bacharelato no IES Rosalía de Castro de Santiago e logo Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Foi docente de lingua e literatura galegas no IES Valle Inclán de Pontevedra até a súa xubilación. Dende 2005 coordina canda o seu home, Anxo González Guerra, a páxina web ogalego.eu. Dende 2017 colabora de forma activa na Galipedia.
En 2018 Vitoria e Anxo foron galardoados co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra e en 2021 co Premio Cidade de Pontevedra.
Publicacións Tradución: Que fai o poder no teu leito?. Galiza Editora, 1986, Sanxenxo. ISBN 84-86129-07-9.Do castelán ¿Qué hace el poder en tu cama?, 1981, de J. Vicent. Colaboración en: Dicionário da lingua galega de Isaac Alonso Estraviz et al.. Alhena, 1986, ISBN 84-7707-000-8. Exercicios de lingua. Ed. Vía Láctea, 1987, A Coruña (con Anxo González Guerra). ISBN 978-84-86531-36-1
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas www.ogalego.eu, páxina web adicada á lingua galega. galegos.galiciadigital.com
Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Tradutores do castelán Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Premio Xoán Manuel Pintos Categoría:Wikimedistas Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela