Antón Sobral Iglesias, nado en Marín o 4 de abril de 1952, é un profesor, escritor e pintor galego.

Traxectoria Fixo o Bacharelato nos Paúles de Marín, estudou tres anos na facultade de Matemáticas e logo licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela.

Empezou o traballo docente nos Paúles en Marín, despois pasou polos pontevedreses Valle Inclán, Sánchez Cantón, Xunqueira II, Xunqueira I e por Ortigueira. Tamén exerceu a docencia uns 20 anos na Escola de Restauración pontevedresa ata a súa xubilación en 2012 .

Empezou a expoñer moi novo, en 1968 en Santiago de Compostela. A súa pintura xa leva percorridas a maioría das cidades de Galicia e tamén se deu a coñecer en Madrid, Francia, Alemaña, Cuba, Italia, Austria e Nova York. En total son máis de duascentas exposicións .

Ademais de pintar tamén escribe poesía, fai fotografía, vídeo etc.

En 2017 expuxo no Espazo de Arte Roberto Verino: "Polas teas/Terras de Verin(o)":

Coordinou varios anos o Festival de Poesía Pontepoética xunto a Yolanda Castaño.

En 2016 foi finalista nos premios Cidade de Pontevedra . Tamén foi o coordinador da Bienal de Arte 2025 en Pontevedra. miniatura|Xaime Toxo e Antón Sobral na presentación de Baila comigo ata a fin do amor no Culturgal. 02/12/2018 No outono de 2018 xunto a Carmen Hermo expuxo no Pazo da Cultura de Pontevedra: Na beira do río. Diálogos na pintura, unha reflexión sobre a paisaxe e a natureza. En 2018 tamén viu a luz o seu libro de poemas Baila comigo ata a fin do amor, con textos e debuxos do autor.

En setembro de 2025 inaugurou en Vigo (Afundación) Océano Sobral, 50 anos na pintura e na que reservou un espazo para algunhas das súas outras facetas fóra da pintura, como a de activista cultural ou a de poeta.

En novembro de 2025 tributóuselle unha grande homenaxe na UNED de Pontevedra polos 50 anos de traxectoria.

Publicacións Poesía

Baila comigo ata a fin do amor. Caderno de notas, 2006 (2018), Loaira

Publicacións de exposicións e proxectos nos que participou :

Transformaciones; pintura española de los ochenta; Mª Teresa Blanch (et al.) (1983), Pontevedra, Deputación de Pontevedra. Coordinación J. A. Castro e A. Sobral Encontros no espacio: escultores galegos dos oitenta, Pontevedra (1984), Pontevedra, Dirección Xeral de Cultura Antón Sobral (1993), Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, ISBN 84-453-1895-0 O silencio da mar (1993), Pontevedra, Ateneo Santa Cecilia. Marín, do 2 ó 9 de novembro de 1993, Ateneo Santa Cecilia A paisaxe núa; Antón Sobral (1998), Pontevedra, Deputación Provincial de Pontevedra. Texto: Ana Romaní. Conxunto Histórico Soutomaior, do 18 ao 30 de Nadal de 1998. Angazo; Akademie der Bildenden Künste München, Mai (1998), Vigo. Textos: Antón Sobral Renate Moran: pintura (1999), Pontevedra, R. Morán. Textos: Antón Sobral. Marea negra (2000), Santiago de Compostela, Galería José Lorenzo. Antón Sobral: pintura; Olga Novo: poesía. Do 3 ao 21 de marzo de 2000, Galería José Lorenzo Miguel Pereira, Antón Sobral, Enrique Velasco; oktober-november, 2000, Produzentengalerie Passau (2000), Passau, Produzentengalerie Passau Venecia, o vicio da beleza (2000), Pontevedra, Caixa Pontevedra. Antón Sobral: pintura; Yolanda Castaño: poesía. Do 20 ao 31 de xaneiro de 2000, Sala de Arte Caixa de Pontevedra Antón Sobral; pintura (2002), Madrid, Casa de Galicia en Madrid. Do 26 de novembro ao 16 de decembro de 2002 Caderno de bitácora dun mariñeiro sentimental, Antón Sobral (2004), Pontevedra, Deputación Provincial de Pontevedra. Conxunto Histórico Soutomaior, do 30 de xullo ao 13 de agosto de 2004 Realidades: Andrés Santeiro (2004), Vigo, Club Financeiro Vigo. Textos: Antón Castro, Antón Sobral. Do 8 ao 22 de novembro de 2004, Vigo Océano Sobral (2006), Vigo, Fundación Social Caixanova. Texto-fotos: Antón Sobral. Do 8 ao 26 de novembro de 2006, sala de exposicións I Centro Social Caixanova, Vigo Irmandiños no Castelo: Otto, Jorge Valenciano, Olga Guimeráns (2007), Pontevedra, Deputación de Pontevedra. Textos: Antón Sobral, María Xosé I. Seaje, Jorge Valenciano. Conxunto Histórico Soutomaior, xullo 2007 Ausencias (2008), Madrid, Casa de Galicia en Madrid. Textos: Antón Sobral. Do 2 a0 30 de decembro de 2008, Casa de Galicia Madrid; Raquel Blanco. Antón Sobral (2010); Pontevedra, Deputación de Pontevedra, ISBN 978-84-8457-332-6. Textos, Rosa Aneiros ... et al. En el fin del camino: Detlef Kappeler (2010), Vigo, D. Kappeler, ISBN 978-84-614-0955-6. Textos: X. Antón Castro, Antón Sobral. Comisario, X. Antón Castro. Sala de exposicións I do Centro Social Caixanova de Vigo Antón Sobral (2013), Pontevedra, Deputación de Pontevedra. Museo M. Torres Nova York, Milan, Viena, Pontevedra: Carmen Hermo, Enrique Velasco, Miguel Pereira, Antón Sobral (2013), Pontevedra, Pazo da Cultura. Textos, Antón Sobral ... et al. Pazo da Cultura de Pontevedra, 18.04.2013/02.06.2013 Caderno de mar; Antón Sobral, Xaime Toxo (2014), Pontevedra, Deputación de Pontevedra Bitácora dun mariñeiro sentimental; Antón Sobral (2015) Ourense, Centro Cultural Marcos Valcárcel. Texto: Xaime Toxo. Centro Cultural Marcos Valcárcel, do 26 de febreiro ao 5 de abril de 2015 En (re)torno á paisaxe: doce olladas contemporáneas sobre o(s) territorio(s): Carla Andrade, Vari Caramés, Fernando Casás ... et al. (2015), Pontevedra, Museo de Pontevedra. Textos: Paula Cabaleiro Comesaña, Federico López Silvestre, Antón Sobral. Comisaria Paula Cabaleiro Comesaña. Museo de Pontevedra, do xullo ó 30 de agosto de 2015 Senso sublime: Serxio Portela (2015), Pontevedra, Museo de Pontevedra, ISBN 978-84-95632-75-3. Textos: Patricia Trigo Díaz ... et al. Comisarios, Patricia Trigo Díaz e Antón Sobral Iglesias. Museo de Pontevedra, do 23 de setembro ao 15 de novembro de 2015 Océano Sobral (2025). Afundación-Xunta de Galicia. Catálgo da exposición de Antón Sobral en Vigo. Gráficas Anduriña.

Outras publicacións: Manuel Torres (1982), Escola Aberta, ISBN 84-85986-01-6 .Textos Xosé Antón Castro e Antón Sobral. Fotografía Roberto Quintero. Arte Galicia; Serie: Pintores Torres; X. Antón Castro, Paloma Cabello, Antón Sobral (1991), Pontevedra, Caixa de Pontevedra. Grandes mestres da pintura galega. Cadernos didácticos, 1 O trazo aberto; poesías e debuxos (2002), Pontevedra, Deputación de Pontevedra, ISBN 84-8457-132-7. Coordinación, Antón Sobral

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Antón Sobral Iglesias: arteinformado.com Facebook: Antón Sobral 20px Correo Televisión (2011) 20px Entrevista A Antón Sobral (2016) 20px Antón Sobral. CC Marcos Valcárcel (2015)

Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1952 Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela