Gilles Simeoni, nado en Bastia o 20 de abril de 1967, é un avogado e político corso, membro do partido autonomista corso Inseme per a Corsica. Foi alcalde de Bastia dende o 5 de abril de 2014 até o 7 de xaneiro de 2016, e presidente do Consello executivo da Córsega dende o 17 de decembro de 2015. Ademais, el foi o avogado do nacionalista corso Yvan Colonna, condenado polo asasinato de Claude Érignac.
Traxectoria É o fillo de Edmond Simeoni e o neto do ex-deputado europeo Max Simeoni. A súa nai Lucie é corsa de adopción, de orixe xudía alsacianaGaël Tchakaloff, « Portrait d'Edmond Simeoni », Le Nouvel Économiste, 24 de outubro de 2003 e polaca.« L’aboutissement d’un parcours personnel et politique atypique pour Gilles Simeoni », Corse Matin, 31 mars 2014
É titular dunha mestría en dereito e dun doutoramento de ciencias políticas baixo o tema «a política mediterránea da Unión europea» obtido ó final dos seus estudos na Universidade de Córsega Pasquale Paoli e en Aix-en-Provence.
Ten tres fillos« Gilles Simeoni, premier maire nationaliste de Bastia », Grégoire Bézie, France 3 Corse ViaStella, 6 avril 2014 e describiuse como crente non practicante.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nacionalismo corso
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados no departamento da Alta Córsega Categoría:Políticos de Francia Categoría:Nacionalismo corso