miniatura|dereita|Países asinantes do convenio. MARPOL 73/78 (en inglés International Convention for the Prevention of Pollution from Ships, de 1973 e modificado polo Protocolo de 1978) é un convenio da Organización Marítima Internacional para a prevención da contaminación dos mares e océanos. Entrou en vigor o 2 de outubro de 1983. Foi asinado por 119 países.

Estrutura miniatura|dereita|Aviso a bordo. Dende 2005, o convenio ten a seguinte estrutura: Introdución. Texto do Convenio Internacional para Previr a Contaminación por Buques de 1973. Protocolo de 1978 relativo ao Convenio 1973. Emendas de 1984. Emendas de 1985. Protocolo de 1997 que emenda o Convenio de 1973 modificado polo Protocolo de 1978. Seis Anexos que conteñen regras que abarcan as diversas fontes de contaminación polos buques.

Anexo I, prevención da polución da auga por aceite e hidrocarburos. Entrou en vigor o 2 de outubro de 1978. Anexo II, regras para previr a contaminación por Substancias Nocivas Líquidas Transportadas a Granel. Entrou en vigor o 2 de outubro de 1983. Anexo III, prevención da contaminación por substancias transportadas envoltas. Entrou en vigor o 1 de xullo de 1992. Anexo VI, prevención da contaminación por augas sucias en buques. Entrou en vigor o 27 de setembro de 2003. Anexo V, prevención da contaminación por lixo en buques. Entrou en vigor o 31 de decembro de 1988. Anexo VI, prevención da contaminación do aire. Entrou en vigor o 19 de maio de 2005.

Interpretación uniforme dalgunhas disposicións dos anexos. Total de disposicións MARPOL 73/78.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da OMI relativa ao convenio MARPOL 73/78. Organización Marítima Internacional. Texto en castelán. Convenio Marpol 73/78 Porto da Coruña

Categoría:Navegación Categoría:Seguridade Categoría:Tratados de Irlanda