A vergoña ou vergonza é unha emoción ou azoramento do ánimo por unha falta cometida, por unha humillación recibida ou por timidez, inseguridade ou medo ó ridículo. Tamén pode aparecer cando se transgreden as normas sociais ou familiares. A súa expresión adoita vir acompañada de sinais físicos e de actitude, como poden ser as ondas de calor, o rubor das meixelas ou unha actitude postural coa ollada dirixida cara a abaixo.

É un sentimento de base biolóxica que ten a súa importancia para manter a coherencia e o poder no seo dun grupo tribal ou familiar. Así, avergoñar un neno porque mancou a outro ou por achegarse a un perigo pode facer que cesen estas actitudes negativas. A vergoña é polo tanto manipulable, xa que pode espertar por outras cuestións, por outra banda de todo naturais, pero que interesan para o mantemento do poder. O pudor é tamén un sentimento empregado para manter a represión da sexualidade.Kimmel, Michael S. Homofobia, temor, vergüenza y silencio en la identidad masculina , extractes del capítol Masculinity as Homophobia. Fear, Shame and Silence in the Construction of Gender Identity, Thousand Oaks, Sage Publications, 1994.miniatura|Eva cóbrese e baixa a súa cabeza en sinal de vergoña. Eva despois da Caída, por Auguste Rodin.|centro Notas

Categoría:Emocións