Morgan Parker é unha poeta e editora estadounidense. É autora das coleccións de poesía Other People’s Comfort Keeps Me Up At Night (Switchback Books, 2015) e There are More Beautiful Things than Beyoncé (Tin House Books, 2017).

Traxectoria Parker graduouse en Antropoloxía e Escritura Creativa na Universidade de Columbia e obtivo un máster en poesía na Universidade de Nova York.

Parker é editora en Little A e Day One. Ensinou escritura creativa na Universidade de Columbia, foi coadxunta das series de lecturas Poets With Attitude (PWA) canda a Tommy Pico, creadora e anfitrioa de Reparations, Live! na Ace Hotel de Nova York, e é membro de The Other Black Girl Collective co poeta e intérprete Angel Nafis.

A súa poesía foi incluída en publicacións como The Awl, Poetry Foundation, Tin House e outros. O seu traballo tamén foi incluído en Why I Am Not A Painter (Argos Books), The BreakBeat Poets: New American Poetry in the Age of Hip-Hop, e The Best American Poetry 2016.

En decembro de 2015 foi seleccionada como blogueira destacada da Poetry Foundation.

Parker viviu en Nova York pero trasladouse ao sur de California no verán de 2017.

Recoñecementos 2017 - National Endowment for the Arts Literature Fellowship 2016 - Pushcart Prize 2013 - Gatewood Prize 2012 - Cave Canem Fellowship

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados nos Estados Unidos de América Categoría:Poetas en lingua inglesa