Hanford Site é un complexo de produción nuclear decomisionado, operado polo goberno federal dos Estados Unidos e situado ó carón do río Columbia no estado de Washington. O sitio recibiu diversos nomes, incluíndo Proxecto Hanford, Hanford Works, Hanford Engineer Works e Reserva Nuclear Hanford. Establecido no ano 1943 como parte do Proxecto Manhattan en Hanford, o sitio aloxou o Reactor B, o primeiro reactor nuclear de produción de plutonio a escala completa do mundo. O plutonio manufacturado alí utilizouse na primeira bomba nuclear utilizada na proba Trinity, e na bomba Fat Man detonada sobre Nagasaki.

Durante a guerra fría o proxecto de Hanford ampliouse para incluír nove reactores nucleares e cinco complexos de procesamento de plutonio, que produciron plutonio para a maioría das 60 000 armas construídas para o arsenal nuclear dos Estados Unidos. Os reactores de produción para armas decomisionáronse trala fin da guerra fría, deixando tras décadas de traballo uns 200 000 m3 de residuos radioactivos de alto nivel gardados en 177 tanques de almacenamento, outros 710 000 m3 de residuos radioactivos sólidos e 520 km2 de auga subterránea contaminada baixo o sitio.

En 2007 Hanford Site contiña dous terzos do volume total de residuos radioactivos de alto nivel dos Estados Unidos. O 10 de novembro de 2015 foi incluído no Parque Histórico Nacional do Proxecto Manhattan xunto a outras localizacións en Oak Ridge e Los Alamos.

miniatura|Reactores nucleares en liña en Hanford Site xunto ó río Columbia en xaneiro de 1960.|centro Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Hanford Site

Categoría:Proxecto Manhattan Categoría:Estado de Washington