miniatura|Mapa de Mesopotamia. A expresión berce da civilización refírese a localizacións onde, segundo os datos arqueolóxicos, puido xurdir a civilización. O pensamento actual é que non houbo un único berce, senón varias civilizacións que se desenvolveron independentemente, co Crecente Fértil (Mesopotamia e Antigo Exipto) considerados os máis antigos. Outras civilizacións xurdiron en Asia entre as diferentes culturas que poboaban os vales dos ríos, como na chaira indoganxética do subcontinente indio e no río Amarelo da China.Cradles of Civilization-China: Ancient Culture, Modern Land, Robert E. Murowchick, gen. ed. Norman: University of Oklahoma Press, 1994 O alcance e a influencia destas primeiras civilizacións en Oriente Próximo e Asia Oriental está en disputa. Os estudosos concordan que as civilizacións de Mesoamérica, principalmente no actual México, e civilización de Caral no actual Perú xurdiron independentemente das de Eurasia. Os estudosos definiron diversos criterios propios das civilizacións, como o uso da escrita, as cidades, as sociedades de clases, a agricultura, os edificios públicos, a metalurxia e a arquitectura monumental.Understanding Early Civilizations: A Comparative Study, Trigger, Bruce G., Cambridge University Press, 2007 A expresión berce da civilización foi empregado en gran variedade de culturas e áreas, en particular a Idade do Cobre do Antigo Oriente Próximo, o Crecente Fértil, a Antiga India e a Antiga China. Tamén se aplicou a Anatolia, o Levante mediterráneo e Irán.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Cronoloxía do Antigo Oriente Próximo

Categoría:Civilizacións