Woods of Ypres foi un grupo de metal extremo canadense con orixe en Ontario. O grupo fundouse en Windsor no ano 2002, composto inicialmente por David Gold, Aaron Palmer e Brian McManus. Os seus membros mudaron frecuentemente nos seguintes anos, con máis de 20 membros diferentes no conxunto das súas encarnacións. O grupo mudouse a Toronto entre os anos 2003-2007 e a Sault Ste. Marie nos anos 2008-2011. O seu único membro constante foi o multi-instrumentalista e vocalista David Gold, que faleceu nun accidente de tráfico en decembro de 2011,Woods of Ypres frontman David Gold killed in car accident Loudwire o que supuxo a disolución do grupo pouco antes da publicación do seu último álbum Woods 5: Grey Skies & Electric Light, que gañou o Premio Juno de 2013 na categoría de "Metal/Hard Music Album of the Year".
Membros
Última composición David Gold — batería (2002-2004, 2005-2008), guitarra, voz (2004-2011; finado en 2011) Joel Violette — guitarra, baixo (2010–2011) Brendan Hayter — baixo (2011) Rae Amitay — batería (2011)
Antigos membros Brian McManus — guitarra, voces(2002) Aaron Palmer — baixo, voces(2002–2003) Robin Cross — voces(2002-2003) Dustin Black — guitarras (2003) Colin Wysman — guitarras (2003) Chris Jones — voces (2003–2004) Steve Jones — guitarras (2003–2004) Jordan Buryj — guitarras (2003–2004) Connor Sharpe — baixo (2003–2004) Mark Beshai — guitarras (2004) Jessica Rose — teclado (2004–2007) Adam Wathan — guitarras (2005) Dan Hulse — baixo, voces (2005–2007) Chris "Mezz" Mezzabotta — batería (2005) Shawn Stoneman — guitarras (2007) Evan Madden — batería (2008–2011) Lee Maines — guitarras (2008) Brian Holmes — teclado (2008) Steve Furgiuele — bass (2008–2009) Bryan Belleau — guitarra (2008–2010) Shane Madden — baixo (2009–2011)
Liña temporal
Discografía
EPs Against the Seasons: Cold Winter Songs from the Dead Summer Heat (2002, Krankenhaus Records, Night Birds Records)
Álbums Pursuit of the Sun & Allure of the Earth (2004, Krankenhaus Records) Woods III: The Deepest Roots and Darkest Blues (2008, Krankenhaus Records)Chicago Daily Herald, 18 de decembro de 2008, "Sonic wonders of 08" by Jeff Pizek Woods IV: The Green Album (2009, Practical Art Records, Earache Records) Woods 5: Grey Skies & Electric Light (2012, Earache Records)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía en Allmusic
Categoría:Grupos musicais de black metal Categoría:Grupos musicais de folk metal Categoría:Grupos musicais de doom metal Categoría:Grupos musicais de Ontario Categoría:Grupos musicais formados en 2002 Categoría:Grupos musicais separados en 2011