Kimberly Claire "Kimmie" Meissner, nada o 4 de outubro de 1989, é unha patinadora artística sobre xeo. Foi campioa do mundo en 2006, campioa dos Catro Continentes no 2007 e campioa dos Estados Unidos en 2007. É a primeira estadounidense e a primeira muller en conseguir simultaneamente os tres títulos.

No 2005, Meissner converteuse na segunda estadounidense en realizar un triplo salto Axel nunha competición nacional. Foi membro do equipo olímpico nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 e foi a deportista estadounidense máis nova en competir neses xogos. Rematou sexta na clasificación olímpica e gañou o campionato do mundo o mes seguinte.

Traxectoria Kimberly Meissner, alcumada "Kimmie", naceu en Towson, Maryland, filla de Judy (Roth) e Paul Meissner. É a máis nova de catro irmáns e a única rapaza. É católica. Os seus bisavós maternos, Paulina e Emmanuel Novo emigraron por separado dende España durante a década de 1920. O seu bisavó era un pescador galego.Thomson, Candus. "Meissner's music attuned to family," The Baltimore Sun, Sunday, 21 de xaneiro de 2007.

Notas

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Deportistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega