Priests é unha banda estadounidense de punk rock formada en 2012. Os seus membros son Katie Alice Greer (voces), Daniele Daniele (batería), Taylor Mulitz (baixo) e GL Jaguar (guitarra). Priests dirixe o selo independente Sister Polygon Records, que publicou traballos de artistas como Downtown Boys, Snail Mail, Shady Hawkins, e outras bandas locais de D.C. Despois de dúas cintas auto-editadas e un sinxelo de 7" o grupo asinou un contrato con Don Giovanni Records.
Priests publicou o seu álbum de estrea, Nothing Feels Natural, en xaneiro de 2017 a través do selo Sister Polygon Records. O seu segundo traballo, The Seduction of Kansas, será editado no mes de abril de 2019.
Discografía Álbum Ano Selo Nothing Feels Natural 2017 Sister Polygon Records The Seduction of Kansas 2019 Sister Polygon Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Notas
Categoría:Grupos musicais de Washington, D.C. Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais formados en 2012