Carolyne Larrington, nada o 5 de setembro de 1959, é unha filóloga e investigadora inglesa.

Traxectoria Estudou Lingua e literatura inglesa medieval no St Catherine’s College da Universidade de Oxford, e fixo o seu doutoramento sobre a poesía de sabedoría na lingua nórdica antiga e o inglés antigo. Deu clases de inglés dous anos no Xapón. É profesora de literatura inglesa medieval no Saint John's College da Universidade de Oxford.

Os seus campos de investigación son a variante islandesa da lingua nórdica antiga, e o ciclo artúrico. Xunto coa cantante Fay Hield, da Universidade de Sheffield, desenvolve o proxecto Modern Fairies and Loathly Ladies, que procura actualizar os contos tradicionais de fadas do folclore inglés en colaboración con artistas contemporáneos de campos como a música, a poesía, a pintura ou a fotografía.

Obra Brothers and Sisters in Medieval European Literature (2015) Emotions in Medieval Arthurian Literature (2015) The Land of the Green Man on British folklore (2015) Winter is Coming: the Medieval World of Game of Thrones (2015) A Handbook to Eddic Poetry (2016) The Norse Myths: A Guide to Viking and Scandinavian Gods and Heroes (2017)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web persoal .

Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en 1959 Categoría:Personalidades sen imaxes