Domingo Rial Seijo, nado en Vilagarcía de Arousa o 22 de marzo de 1889,Ficha inmigración Brasil, 1942 foi un xornalista galego.

Traxectoria

Fillo de José Rial e Remedios Seijo. Emigrou a Buenos Aires. Foi contador xeral dunha das empresas alemás máis grandes da Arxentina. Creou o Hogar Gallego despois da escisión da Casa de Galicia. Fundador e administrador da revista Céltiga con Ramón Peña, da que chegou a ser director. Vida persoal Casou con Purificación Rodríguez Mella, que finou en 1930, e foi pai de Delia e Osvaldo Rial Rodríguez.Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito, setembro 1930, p. 17-18.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Domingo Rial Seijo

Categoría:Xornalistas de Vilagarcía de Arousa Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes