Alberto Míguez Alvarellos, nado na Coruña o 25 de outubro de 1940 e finado en Madrid o 25 de setembro de 2009, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Foi fillo de Enrique Míguez Tapia catedrático e director do Instituto Masculino da Coruña. Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade Central, e graduouse na Escola Oficial de Xornalismo. En 1963 comezou a dirixir o primeiro suplemento cultural de La Voz de Galicia, o Artes y Letras, no que facía recensións de cine, literatura e pintura. Foi subdirector do periódico económico 3-E.

En 1966 publicou o libro El pensamiento político de Castelao, editado en París por Ruedo Ibérico. O volume, unha antoloxía de textos de Castelao, levouno ante o Tribunal de Orde Pública. Foi defendido por Valentín Paz Andrade, e condenado a seis meses de prisión e unha multa."Un periodista internacional", artigo de Carlos Fernández en La Voz de Galicia, 15 de setembro de 2005 .

Seguiu a súa carreira profesional no diario Madrid, pechado en 1971 por Manuel Fraga. Comezou a traballar entón en La Vanguardia como correspondente en Marrocos e despois en Lisboa, onde cubriu a Revolución dos Caraveis. En 1976 participou na creación do xornal El País como redactor xefe da sección internacional, e despois regresou a La Vanguardia como correspondente diplomático. Entre 1982 e 1996 foi decano dos correspondentes diplomáticos de España. En 1986 o seu chalé de Zumaia (Guipúscoa) foi asaltado por membros de ETA. Morreu por mor dunha doenza hepática en Madrid o 25 de setembro de 2009.Necrolóxica en ABC, 29-9-2009, p. 71."Un periodista 'en peligro de extinción'", obituario en El Mundo, 1 de outubro de 2009 .

Vida persoal

Estivo casado coa francesa Lilliane Dublanc, con quen tivo un fillo. Obra El pensamiento político de Castelao (Ruedo ibérico, 1966). Galicia: éxodo y desarrollo (Cuadernos para el Diálogo, 1967).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1940

Categoría:Finados en 2009 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes