Ramiro Ciorraga Soto, nado na Estrada o 17 de xaneiro de 1869 e finado en Cangas de Morrazo o 30 de agosto de 1908, foi un sacerdote galego.

Traxectoria

Fillo de José Ciorraga Mozo, secretario do Xulgado da Estrada e de Dolores Soto Riveira. Estudou a carreira eclesiástica no Seminario de Santiago de Compostela e ordenouse sacerdote. Foi cóengo da Catedral de Santiago de Compostela. Morreu en Cangas o 30 de agosto de 1908 onde estaba para predicar na festa do Cristo.

Recoñecementos En 1912 o concello da Estrada acordou dar o seu nome á praza onde estaba a súa casa. En 1918 colocouse unha placa. Coa República o seu nome desapareceu do rueiro estradense.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas O cóengo Ramiro Ciorraga Soto e a familia Torres Agrelo (I) O cóengo Ramiro Ciorraga Soto e a familia Torres Agrelo (II)

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1908