Chimamanda Ngozi Adichie, nada en Abba (Enugu) o 15 de setembro de 1977, é unha escritora, novelista e dramaturga feminista nixeriana."We should all be feminists", Chimamanda Ngozi Adichie en TEDx Talks, 12 de abril de 2013 .. Adichie é o seu apelido, mentres que Chimamanda Ngozi son os seus dous nomes, que significan "o meu deus non caerá" e "bendición", respectivamente, en lingua igbo.

Traxectoria É a quinta filla do matrimonio de etnia igbo formado por Grace Ifeoma e James Nwoye Adichie. Pasou a súa infancia na cidade de Nsukka, sede da Universidade de Nixeria, nunha casa que anteriormente fora habitada polo escritor Chinua Achebe. A súa nai foi a primeira secretaria de admisións da Universidade de Nixeria, onde o seu pai era profesor de estatística. Aos 19 trasladouse aos Estados Unidos cunha bolsa por dous anos para estudar comunicación e ciencias políticas na Universidade Drexel, Filadelfia. Posteriormente continuou os seus estudos na Universidade Estatal do Leste de Connecticut, na que se graduou en 2001. Realizou así mesmo estudos de escritura creativa na Universidade Johns Hopkins, Baltimore, e un mestrado de estudos africanos en Yale.

Traxectoria literaria esquerda|miniatura|Bandeira de Biafra, co seu medio sol amarelo no centro. Os temas que trata Adichie na súa obra están relacionados co feminismo, a inmigración e os problemas raciais. A súa obra Todos teriamos que ser feministas , vendeu máis de medio millón de exemplares e en 2017, foi traducida a galego.

En 2003, mentres se atopaba estudando en Connecticut, publicou a súa primeira novela, Purple Hibiscus, con boa acollida da crítica e pola que recibiu o Commonwealth Writer's Prize for Best First Book en 2005. A acción da súa segunda novela, Half of a Yellow Sun (2006, así titulada en referencia ao deseño da bandeira da efémera nación de Biafra), desenvólvese durante a guerra civil nixeriana. A obra, encomiada, entre outros, por Achebe, obtivo o Orange Prize for Fiction en 2007."Nigerian author wins top literary prize" , artigo en UK Daily Telegraph, 7 de xuño de 2007 .

En 2009 publicou unha colección de relatos breves, titulada The Thing Around Your Neck.Recensión do libro en The New York Times, 27 de agosto de 2009 (en inglés). Catro anos máis tarde publicou Americanah, Premio do Círculo de Críticos Nacional do Libro. We Should All Be Feminist é o seu primeiro ensaio. En 2020, informouse que a obra sería convertida en miniserie, coproducida por Lupita Nyong'o e Danai Gurira.

Actualmente vive en Nixeria, onde imparte talleres de escritura creativa, e nos Estados Unidos.

Obra For Love of Biafra (drama, 1998) Decisions (poesía, 1998) You in America (2001) O hibisco púrpura (2003)Ficha da obra , traducida ao galego por Moisés Barcia e publicada por Rinoceronte editora en 2017. Medio sol amarelo (2006) The Thing Around Your Neck (2009) Americanah (2013) Todos teriamos que ser feministas (We Should All Be Feminist) (2015), versión galega de Moisés Barcia, Sushi Books (2017), 56 páxinas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial Ficha de alumnos da Universidade Yale (en inglés). We should all be feminists, charlas TED (en inglés).

Categoría:Alumnos da Universidade Johns Hopkins Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Nados en Enugu Categoría:Escritores de Nixeria Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1977 Categoría:Feministas de Nixeria Categoría:Poetas en lingua inglesa Categoría:Personalidades de Nixeria Categoría:BBC 100 Mulleres