Remigio Cabello Toral, nado en Valladolid en 1869 e finado en Madrid o 16 de maio de 1936, foi un tipógrafo e político socialista español.

Traxectoria Nado en Valladolid en 1869, foi un dos fundadores no ano 1894 da Agrupación Socialista de Valladolid. En 1911 obtivo unha concellaría no concello de Valladolid. En 1931, converteuse en presidente do Partido Socialista, trala dimisión de Julián Besteiro. Foi sucedido na presidencia por Francisco Largo Caballero, converténdose entón en vicepresidente. Foi elixido deputado das Cortes republicanas nas eleccións de 1931 por Valladolid con 30 718 votos. Faleceu en Madrid o 16 de maio de 1936.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1869 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Concelleiros de Castela e León Categoría:Tipógrafos