Sant Esteve Sesrovires é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Está situado no norte da comarca, entre os concellos de Abrera ao norte, Martorell ao leste, Castellví de Rosanes ao sur e Sant Llorenç d'Hortons e Masquefa ao oeste.

O concello é atravesado polos torrentes de Can Llopart e Ca n'Estella, que se unen no torrent dels Llops. O núcleo antigo desenvolveuse arredor deses dous torrentes e da igrexa. O relevo é chairo con lixeiras ondulacións, apto para a explotación gandeira e agrícola, aínda que hoxe en día a industria foi gañando terreo.

Tiña en 2017 unha poboación de 7.670 habitantes, agrupados nas entidades de la Beguda Alta, Ca n'Amat, Can Bargalló, Can Margarit, Can Prats, Masia Bac, Pou del Merli, Sant Esteve Sesrovires e Vallserrat.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web do concello

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona