STS-129 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 16 de novembro de 2009 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-129, con seis astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Charles Hobaugh, o piloto Barry Wilmore e os especialistas de misión Mike Foreman, Leland Melvin, Robert Satcher, Randy Bresnik e Nicole Stott.

O Atlantis levou 12,36 toneladas de subministracións e equipamento, incluíndo pezas de reposto. Durante a misión fixéronse tres paseos espaciais. O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 27 de novembro de 2009.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis

Categoría:Programa STS