STS-132 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis, lanzada o 14 de maio de 2010 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-132, con seis astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth Ham, o piloto Dominic A. Antonelli e os especialistas de misión Garrett Reisman, Michael T. Good, Stephen G. Bowen e Piers Sellers.
O Atlantis levou o minimódulo de investigación ruso Rassvet, así como subministracións e equipamento diverso. Durante a misión leváronse a cabo tres paseos espaciais nos que se substituíu unha antena de alta velocidade e seis baterías e se engadiu unha plataforma de ferramentas ao brazo robótico Dextre.
O Atlantis volveu a terra en Cabo Cañaveral o 26 de maio de 2010.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS