STS-131 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 5 de abril de 2010 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-131, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Alan Poindexter, o piloto James P. Dutton e os especialistas de misión Dorothy Metcalf-Lindenburger, Rick Mastracchio, Naoko Yamazaki, Clayton Anderson e Stephanie Wilson.

O Discovery levou 7700 kg de subministracións, material e equipamento no módulo loxístico multipropósito (MPLM) Leonardo. A tripulación fixo tres paseos espaciais durante os que substituíron un tanque de amoníaco para refrixeración, recolleron un experimento xaponés no exterior da estación e apagaron un xiroscopio.

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 20 de abril de 2010.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS