STS-128 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 29 de agosto de 2009 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-128, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Rick Sturckow, o piloto Kevin Ford e os especialistas de misión Pat Forrester, José M. Hernández, Danny Olivas, Nicole Stott e Christer Fuglesang.

O Discovery levou ata a estación o Módulo Loxístico Multipropósito (MPLM) Leonardo cargado con case 7 toneladas de subministracións e equipamento científico. A tripulación tamén fixo tres paseos espaciais para substituír un tanque de amoníaco para refrixeración, recoller experimentos expostos no exterior do módulo laboratorio Columbus e preparar a estación para a visita do seguinte transbordador.

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 12 de setembro de 2009.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS