STS-90 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 17 de abril de 1998 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-90, con sete astronautas a bordo e tamén denominada Neurolab, foi lanzada para facer experimentos de neurobioloxía en toda unha gama de especies no módulo Spacelab da bodega do transbordador: os sete humanos da tripulación (formada polo comandante Richard A. Searfoss, o piloto Scott D. Altman, os especialistas de misión Richard M. Linnehan, Dafydd Rhys Williams e Kathryn P. Hire e os especialistas de carga Jay C. Buckey e James A. Pawelczyk), 18 ratos, 152 ratas, 229 peixes, 824 grilos e 680 ovos de grilo.
Ademais de Neurolab, a bordo do transbordador viaxaban experimentos secundarios como SVF, o biorreactor BDS-04 e outros. Kathryn Hire converteuse na primeira empregada do Centro Espacial Kennedy en ser elixida astronauta.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 3 de maio de 1998.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia
Categoría:Programa STS