Alexey Viktorovich Shved, nado en Belgorod o 16 de decembro de 1988, é un xogador profesional de baloncesto ruso que actualmente xoga no PBC CSKA Moscova da VTB United League. Con 1,98 metros de altura, pode xogar nas posicións de escolta e base.
Traxectoria Shved comezou a súa carreira no PBC CSKA Moscova da Superliga rusa, onde fixo o seu debut o 4 de novembro de 2006 contra o Ural Great Perm. Debutou tamén co CSKA na Euroliga o 17 de xaneiro de 2007, contra o BC Žalgiris lituano.Euroleague.net Regular Season Game 12 - January 17, 2007 - UNIVERSAL SPORTS HALL CSKA. Durante esta etapa no CSKA, foi cedido en dúas ocasións, a primeira ó BC Khimki en febreiro de 2017 ata o remate da tempada, e a segunda ó Dinamo Moscova en decembro de 2009.
O 23 de xullo de 2012, o CSKA anunciou oficialmente a marcha de Shved á National Basketball Association (NBA), para asinar cos Minnesota Timberwolves.
O 23 de agosto de 2014, completouse un traspaso entre os Timberwolves, os Cleveland Cavaliers e os Philadelphia 76ers que mandaba a Shved e a Luc Mbah a Moute ós Sixers, xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 de Cleveland. Os Cavaliers recibiron a Kevin Love de Minnesota, mentres que os Wolves recibiron a Andrew Wiggins e Anthony Bennett de Cleveland, e a Thaddeus Young dende Philadelphia.
O 19 de decembro de 2014, Shved foi traspasado ós Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos que incluía tamén ós Sixers e ós Minnesota Timberwolves.Rockets Acquire Veterans Corey Brewer and Alexey Shved in Three-Team Trade with Timberwolves and 76ers
O 19 de febreiro de 2015, Shved foi traspasado xunto a dúas eleccións da segunda rolda do Draft ós New York Knicks, a cambio de Pablo Prigioni.
O 16 de xullo de 2015, Shved volveu a Rusia onde asinou co BC Khimki un contrato de tres anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados no óblast de Belgorod Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Rusia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores do MBC Dinamo Moscova Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Rusia Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto