miniatura|Tigre e leopardo, Libro 1: Cuadrúpedes vivíparos A obra en cinco volumes Historia animalium ("Historia dos animais"), publicada en Zürich en 1551–58 e 1587, é un "inventario da zooloxía do Renacemento" enciclopédico escrito en latín por Conrad Gessner (1516–1565). Gessner foi médico e profesor no Carolinum de Zürich, a institución precursora da Universidade de Zürich. A Historia animalium é o primeiro traballo zoolóxico moderno que intentou describir todos os animais coñecidos, e a primeira bibliografía de escritos de historia natural. Os cinco volumes (o último póstumo) da historia natural dos animais abranguen máis de 4500 páxinas.

Introdución

miniatura|Unicornio miniatura|Cans de caza, Libro 1 A Historia animalium foi a obra mestra de Gessner, e foi a máis lida de todas as historias naturais do Renacemento. A obra xenerosamente ilustrada foi tan popular que se publicou en Zürich en 1563 unha abreviación en alemán do propio Gessner titulada Thierbuch ("Libro dos animais"), e en Inglaterra Edward Topsell traduciuno e condensouno co título Historie of foure-footed beastes ("Historia das bestas de catro patas", Londres: William Jaggard, 1607). A obra monumental de Gessner pretende construír unha conexión entre o coñecemento antigo do mundo animal (o seu título é o mesmo que o da famosa obra de Aristóteles sobre os animais: ver Historia dos animais), e do que se coñecía sobre animais daquela. Despois engadiu as súas propias observacións e as dos seus informadores, nun intento de formular unha descrición completa da historia natural dos animais.Huxley, 2007. Páxinas 71–75

A Historia animalium de Gessner está baseada en fontes clásicas. Está compilada a partir de textos antigos e medievais, incluíndo o coñecemento herdado dos antigos naturalistas como Aristóteles, Plinio o Vello, e Aeliano. Gessner foi coñecido como "o Plinio suízo." Para obter información baseouse en gran medida no libro Physiologus.

Nos seus grandes traballos Gessner trataba de distinguir os feitos dos mitos e ideas equivocadas populares, e así o seu traballo enciclopédico incluía tanto criaturas extintas coma animais recentemente descubertos das Indias Orientais, do norte distante e de animais traídos do Novo Mundo. A obra incluía extensa información sobre mamíferos, aves, peixes e réptiles. Describiu en detalle os seus hábitos diarios e movementos. Tamén incluíu os seus usos en medicina e nutrición.

Historia animalium mostraba o lugar dos animais na historia, literatura e arte. As seccións de cada capítulo detallaban o animal e os seus atributos, na tradición dos libros de emblemas. A obra de Gessner incluía algúns feitos en diferentes linguas, como os nomes dos animais.

Contido

Volume 1: Animais de catro patas que paren as crías (cuadrúpedes vivíparos) (1551). O título deste primeiro volume é Historiae animalium Liber Primus. De Quadrupedibus viulparisHistoriae Animalium Liber Primum facsímile en liña, é dicir, "Libro primeiro de Historia dos animais. Cuadrúpedes vivíparos.", onde aparece a forma en xenitivo Historiae (de Historia). O título xeral do conxunto da obra é, non obstante, Historia animalium (nominativo), que, por tanto, foi o usado como título deste artigo. Volume 2: Cuadrúpedes que poñen ovos (ovíparos) (réptiles e anfibios) (1554). Volume 3: Aves (1555). Volume 4: Peixes e animais acuáticos (1558). Volume 5: Serpes e escorpións (incompleto, publicado postumamente en 1587).

Ilustracións miniatura|Copia de Gessner do Rinoceronte de Dürer

As ilustracións de gravados en madeira coloreadas foron o primeiro intento real de representar animais no seu ambiente natural. É o primeiro libro que ilustra fósiles.Anzovin, p. 366 item 5210 As primeiras ilustracións de fósiles estaban contidas na Historia animalium, publicada en 1551 polo médico suízo e naturalista Conrad von Gessner.Tallack, Peter, The Science Book, Sterling Publishing Company, 2006, , p. 46 O adestramento clásico de Gessner ensinouno a darlle un posto de honor a nomear e clasificar os fósiles que describiu. Moi importantemente, preocupouse de facer unha identificación precisa. O seu libro foi o primeiro en presentar ilustracións de fósiles para que os estudantes puidesen recoñecer máis doadamente obxectos que non podían ser descritos claramente con palabras.

Gessner agradece a obra dun dos seus principais ilustradores, Lucas Schan, un artista de Estrasburgo. Probablemente usou outros ilustradores e tamén debuxou el mesmo; porén, o libro é famoso por copiar ilustracións doutras fontes, incluíndo o rinoceronte de Dürer a partir dun gravado en madeira ben coñecido. A historia natural de Gessner foi pouco común para os lectores do século XVII en canto ás ilustracións que se proporcionaban.

Censura

No tempo en que saíu do prelo a Historia animalium había en Europa unha tensión relixiosa extrema. Baixo o papado de Paulo IV considerábase que as convicións relixiosas dun autor contaminaban todos os seus escritos,Schmitt, p. 46, e como Gessner era protestante, o libro foi engadido pola Igrexa católica ao Índice de libros prohibidos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Historiae Animalium Liber Primum acceso en liña ao libro completo

Categoría:Libros de historia natural