Carlo Franchi, nado en Milán o 1 de xaneiro de 1938 e finado o 13 de xaneiro de 2021, foi un expiloto de carreiras italiano, máis coñecido co alcume deportivo de "Gimax". Nunca participou baixo o seu nome real, e tamén o seu fillo correu co nome de "Gimax".
Participou nun Gran Premio de Fórmula Un con Surtees, o Gran Premio de Italia de 1978, pero non conseguiu cualificar. Tamén participou nunha carreira de Fórmula Un fora do campionato.
Traxectoria miniatura|left | Gimax no Gran Premio de Italia de 1978 "Gimax" foi un participante habitual na carreiras de deportivos italianas durante a década de 1970. e en 1978 tamén competiu no Campionato de Europa de Sportscar, unha serie creada para esa tempada para permitir que os prototipos do Grupo 6 continaran a competir en Europa no seu propio campionato trala cancelación do "World Sports Car Championship".
A serie foi dividida en dúas categorías, unha para os coches de 2 litros e outra para os coches de maior capacidade: "Gimax" gañou o campionato de pilotos de 2 litros nun Osella, mentres que o piloto Porsche Reinhold Joest gañou o Campionato de Pilotos para os coches de maior capacidade.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos Team Surtees Surtees TS20 Cosworth V8 ARX BRA RSA USW MON BEL ESP SWE FRA GBR ALE AUT NED ITANSC USA CAN NC 0
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en Milán Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Italia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Surtees