O aeroporto internacional de Baku Heydar Aliyev é un dos seis aeroportos internacionais que operan en Azerbaidján. Anteriormente chamouse aeroporto internacional de Bina polo suburbio de Baku onde se atopa. O 10 de marzo de 2004 foi bautizado na honra de Heydar Aliyev, o terceiro presidente de Azerbaidján. O aeroporto está situado a 20 quilómetros ao nordés de Baku e está conectado coa cidade por unha moderna autoestrada aberna no ano 2008. É o aeroporto máis concorrido de Azerbaidján e do Cáucaso. Serve como principal base para a aeroliña nacional Azerbaijan Airlines e a súa subsidiaria Buta Airways, así como para a aeroliña de carga Silk Way Airlines.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Heydar Aliyev