Xoán Carmona Badía, nado en Vigo en 1951, é un economista galego. Catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Santiago de Compostela

Traxectoria Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1983). Ampliou estudos no Max-Planck-Institut für Geschichte. É catedrático de Historia e Institucións Económicas na USC (1990). É director do Departamento de Historia e Institucións Económicas na USC. Investiga sobre historia marítima e industrial, e historia empresarial e patrimonio industrial.

En 2021 foi nomeado profesor emérito da USC. miniatura|Xoán carmona, Anxo Martíns e Farruco Graña (de pé), nunha charla da A.C. Francisco Lanza en Ribadeo (2024) Obras

El atraso industrial de Galicia. Auge y liquidación de la industria textil rural, 1750-1900, 1990. . A etapa de Luis de la Riva e o apoxeo da producción civil de Sargadelos, 1994, Cuadernos do Seminario de Sargadelos N.º 67. ISBN 84-7492-706-4. El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia, 2005 (con Jordi Nadal Oller).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Grupo de Estudos de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria Comercio USC.

Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1951 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela