miniatura|300px|Gráfico electrónico de paciente dun sistema de información de saúde. A informática biomédica (tamén chamada informática da saúde, informática do coidado da saúde, informática de asistencia en enfermaría, ou informática clínica) é a aplicación da informática no coidado da saúde.

É un campo científico multidisciplinar que utiliza a tecnoloxía da información na saúde para mellorar esta mediante combinacións de mellor calidade, maior eficiencia (diminuíndo custos e mellorando a dispoñibilidade) e novas oportunidades.

Disciplinas involucradas, recursos e aplicacións As disciplinas involucradas inclúen as ciencias da información, ciencias computacionais, ciencias sociais, ciencias do comportamento e ciencias administrativas, entre outras.

Relaciónase cos recursos, dispositivos e métodos requiridos para optimizar a adquisición, almacenamento, recuperación e uso de información en saúde e biomedicina. As ferramentas de información da saúde abarcan, entre outras, as computadoras, guías de práctica clínica, terminoloxía médica formal e sistemas de información e comunicación.

Aplícase nas áreas de enfermaría, coidado clínico, odontoloxía, farmacia, saúde pública, terapia ocupacional, fisioterapia e investigación (bio)médica e en medicina alternativa.Popularity of usage of software in homeopathy is shown in example video of homeopathic repertorisation: Shilpa Bhouraskar, Working quick acute cases on Homeopathic Software (YouTube).

Os estándares internacionais no tema cóbrense polas ICS 35.240.80, das cales a ISO 27799:2008 é un compoñente principal. A bioinformática molecular e a informática médica converxeron con campo da informática biomédica e da bioinformatica translacional.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Daniel, C.; E. Albuisson; P. Avillach; A. Burgun; G. Chêne: M. Cuggia; T. Dart & M. Goldberg (2013): "Informatique biomédicale et recherche en santé Informatique translationnelle". En Informatique médicale, e-Santé. Chapitre 18, pp. 463–493. París: Springer-Verlag. ISBN 978-2-8178-0337-1.

Outros artigos Imaxe médica Instituto Europeo de Bioinformática

Ligazóns externas en DMOZ Artigo sobre informática . Willison, Brian. Uso significativo avanzado: simplificar as complexas métricas clínicas a través da representación visual . Clinfowiki . AMIA 2018 Clinical Informatics Conference YouTube .

Categoría:Informática Categoría:Tecnoloxía Categoría:Ciencias da saúde