Unha habitación con vistasEn galego o termo habitación non é correcto como sinónimo de cuarto ou estancia. Porén, para o caso do filme, o título dado foi o que se indica: Unha habitación con vistas. (en ) é un filme británico de 1985, dirixido por James Ivory e producido por Ismail Merchant, baseado na novela homónima de E. M. Forster (1908). O filme segue fielmente a novela empregando os títulos dos capítulos para distinguir segmentos temáticos. Ambientada en Inglaterra e Italia, conta a historia dunha moza que vive na restritiva e represiva cultura eduardiana e o desenvolvemento do amor por un mozo de espírito libre. Está protagonizada por Helena Bonham Carter e Julian Sands e inclúe a Maggie Smith, Denholm Elliott, Daniel Day-Lewis, Judi Dench e Simon Callow en papeis secundarios.
O filme foi un éxito de crítica e de público. Na 59ª edición dos Óscar foi candidato a oito premios incluíndo o de mellor filme e gañou tres: mellor guión adaptado, mellor dirección artística e mellor deseño de vestiario. Gañou tamén cinco premios BAFTA e un Globo de Ouro. En 1999, o British Film Institute colocou Unha habitación con vistas no posto 73 da súa lista dos cen mellores filmes do século XX.
Foi emitido na TVG o 15 de xullo de 2000.Programación
Argumento Lucy Honeychurch e a súa prima Charlotte Bartlett pasan unhas vacacións en Florencia, onde ela se namora de George. Charlotte impide que o romance prospere. Lucy regresa a Inglaterra, onde se promete a un home chamado Cecil Vyse. A chegada de George á campiña provoca unha catarse nela.
Elenco Helena Bonham Carter como Lucy Honeychurch Julian Sands como George Emerson Maggie Smith como Charlotte Bartlett Denholm Elliott como Mr. Emerson Daniel Day-Lewis como Cecil Vyse Simon Callow como o reverendo Mr. Beebe Rosemary Leach como Mrs Honeychurch, nai de Lucy Rupert Graves como Freddy Honeychurch, irmán de Lucy Patrick Godfrey como o reverendo Mr. Eager Judi Dench como Eleanor Lavish, novelista Fabia Drake como Miss Catharine Alan Joan Henley como Miss Teresa Alan Amanda Walker como The Cockney Signora Maria Britneva como Mrs Vyse, nai de Cecil Mia Fothergill como Minnie Beebe Peter Cellier como Sir Harry Otway
Notas
Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por James Ivory Categoría:Filmes sobre o matrimonio Categoría:Filmes baseados en obras de escritores de Inglaterra Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes de 1985 con versión en galego