miniatura|380px|Dupondio de Etruria (ca. 230 a. C. - 220 a. C.), do sistema de aes grave (peso: 237 g), coa cabeza bifronte de Xano no anverso O dupondio (en latín: dupondius) foi unha moeda da Antiga Roma, cuñada en diversas Aliaxes de cobre tanto durante a República como na época do Imperio, co valor de dous ases ou, o que é o mesmo, medio sestercio ou un oitavo de denario."Dupondio ". En Digalego. Dicionario de galego.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Dupondio".

Na República miniatura|180px|Dupondio etrusco do século III a. C., coa característica roda, do sistema do aes grave (peso: 316 g) O dupondio foi introducido durante a República a finais do século IV a. C. como unha enorme premoeda fundida de bronce con forma de lingote, na época do aes grave, co valor de dous ases, malia non chegar nunca a ter o peso de dúas libras.

As primeiras moedas de dupondios republicanos levaban sempre nos seus seus anversos o busto dunha divindade, frecuentemente a deusa Roma, e unha roda con seis raios nos seus reversos.Armstrong, M. A. "The Monetary History of the Roman Republic". Armstrong Economics (en inglés)

No Imperio miniatura|esquerda|Dupondio emitido no reinado de Tiberio, coa imaxe da súa nai, Livia, no anverso. As siglas do reverso responden a Senato Consulto. Diámetro: 35 mm. Peso: 9,40 g Coa reforma monetaria de Augusto no ano 23 a. C., o sestercio e o dupondio pasaron a cuñarse nunha aliaxe de cobre próxima ao latón que no contexto numismático se denomina oricalco, en tanto que as denominacións máis baixas se cuñaban en discos de cobre avermellado.Sistema monetario romano: reforma de augusto . En Edouardlouvet: Monedas Romanas (en castelán) Porén, na época de Augusto cuñáronse algúns dupondios integramente en cobre, aínda que o máis común era manter a asignación do oricalco para os dupondios e o cobre para os ases.

A diferenza de tamaño entre o ás e o dupondio non sempre era evidente nos seus diámetros. Para facilitar a identificación de ambas as moedas, os bustos dos emperadores, nesta época imperial, apareceron sempre cunha coroa con raios a partir do ano 66 d. C., durante o reinado de Nerón. De feito, o uso dunha coroa con raios para indicar o dobre do valor (neste caso, o dobre dun ás) tamén se usou no caso do antoniniano (dobre denario), introducido por Caracalla, e no do dobre sestercio."Cabezas coronadas ". En Edouardlouvet: Monedas Romanas (en castelán) Como os dupondios cuñados antes do reinado de Nerón e na primeira época deste e, mesmo, ocasionalmente baixo algúns emperadores posteriores, carecen da coroa con raios, algunhas veces non é doado distinguirmos hoxe entre o ás e o dupondio, debido ás pátinas que adoito escurecen a cor orixinal das moedas.

En principio, ao se tratar duna moeda de metal non nobre, foi cuñada polos Triumviri Monetales, ás ordes do Senado, xa que a cuñaxe das moedas de ouro e prata (áureos e denarios) era competencia exclusiva do emperador. Aínda que non habitualmente, baixo Augusto, concedéuselles tamén a algunhas colonias e municipios o dereito a emitiren dupondios. A partir dos Antoninos, foron emitidos directamente pola administración imperial.

O dupondio deixou de cuñarse no século III d. C."Dupondius ". En Denominations issued during the Roman Empire (en inglés)

Cuñaxe en Galicia miniatura|120px|Reverso dun dupondio galego da caetra cuñado en Lucus Augusti No primeiro século antes de Cristo, con motivo das guerras cántabras e baixo a xurisdición do legado imperial da Lusitania, Publio Carisio, batéronse na Gallaecia as primeiras moedas ata hoxe coñecidas, con valores de sestercio, dupondio e ás, caracterizadas polo escudo defensivo celta, coñecido como caetra, que amosan nos seus reversos.Rodríguez González, X. "Moeda de la caetra. Dupondio ". Peza do mes: novembro de 2008. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (en castelán) A tese máis firme sobre a orixe destas moedas é a de que estarían destinadas á actividade comercial que apareceu en Galicia logo de rematada a guerra, favorecida pola Via Astvrica que Octavio Augusto mandou construír. Ademais, cómpre sinalar que tras a guerra floreceron as minas galegas de estaño, ouro e outros metais, creando unha infraestrutura case industrial en torno a elas, polo que xurdiu a necesidade urxente dun numerario para o pagamento dos traballadores e para as pequenas transaccións privadas que se realizaban entre os poboadores que se instalaron nestas áreas.Pita Fernández, Ricardo. Numismática Galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. 1999. Páxinas 39-46. ISBN 84-605-9958-2Paz Bernardo, Jaime. Moedas galegas. Moedas, medallas, billetes especializado do século IX a C ó Século XXI d C. 2002 ISBN 978-84-607-6330-7

Sobre a localización exacta da ceca onde foron cuñadas estas moedas hai diversas hipóteses, aínda que a única defendida actualmente é a da cidade de Lugo, ou ben un obradoiro móbil con base nesa capital e que actuaría na súa área de influencia. Canto á datación, a práctica totalidade dos investigadores sitúan estas moedas entre os anos 25 e 23 a. C.Ferrer Sierra, S. "El posible origen campamental de Lucus Augusti a la luz de las monedas de la caetra y su problemática". En Lucus Augusti. I. El amanecer de una ciudad. A Coruña, 1997.Costa García, J. "Dupondio da caetra ". En R. Villares (Ed.). Galicia 100: Obxectos para contar unha cultura. Tórculo Edicións. Santiago de Compostela, 2016.

Citas en textos clásicos O dupondio aparece citado, entre outros moitos, nos seguintes textos da literatura latina:

Gaio, xurista romano do século II:Gaius, Institutiones I, 122.

Varrón (116 a. C. - 27 a. C.), polígrafo, militar e funcionario romano:Varro, De lingua latina. V, 36. Edición en castelán: Varrón, Marco Terencio. La lengua latina. Obra completa, tomos V-VI. Gredos. Madrid, 1998. ISBN 978-84-249-1896-5

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3 Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores). Vagi, D. L. Coinage and History of the Roman Empire. Vol I-II: coinage. Taylor & Francis Group. 2001. ISBN 978-1579583163 Outros artigos Moeda da Antiga Roma Moeda provincial romana Moeda etrusca

Ligazóns externas

"Dupondius". En CoinArchives.

Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Numismática de Galicia