Milagros Rey Hombre, nada en Madrid o 22 de outubro de 1930 e finada o 17 de marzo de 2014, foi unha das primeiras arquitectas de Galicia.María Cristina Gonzalo Pintor e Rita Fernández Queimadelos (A Cañiza, 1911) licenciáronse en 1940, sendo consideradas a segunda e terceira arquitectas mulleres en España, tras Matilde Ucelay, que se licenciara en 1936. Falecemento Milagros Rey Hombre

Traxectoria miniatura|dereita|Torre Dourada. miniatura|dereita|Fonte de Catro Camiños.

dereita|miniatura|Igrexa de Santa María de Deixebre (1963).

Filla do arquitecto Santiago Rey Pedreira, estudou o bacharelato no Colexio Compañía de María da Coruña e comezou a carreira de arquitectura en Madrid en 1952.

En 1960 conseguiu o seu título e ano e medio despois estableceu o seu estudio na Coruña, compaxinando o labor co desempeño de traballos municipais.Un día, una arquitecta Un dos seus primeiros traballos na cidade herculina foi a reforma da capela da Compañía de María en 1962, seguindo as orientacións do Concilio Vaticano II logrou un espazo sobrio pero cun coidadoso emprego da luz. Entre as súas obras destacan o local social de pescadores de Fisterra, a fonte de Catro Camiños e a Torre Dourada, primeiro rañaceos coruñés, na rúa de Juan Flórez.Adiós a una mujer pionera Como xefa da sección técnica do concello, realizou a xestión do chan para a construción de polígonos como o de Elviña e o Barrio das Flores ou para o establecemento da refinaría. Tamén realizou diferentes obras en Betanzos.

Foi catedrática da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña.

Recoñecementos En 2005 foi condecorada coa Medalla Castelao.Seis gallegos y tres cubanos reciben las medallas Castelao En 2012 o concello da Coruña realizoulle unha homenaxe.Falece a primeira arquitecta de Galicia En 2014 o Proxecto MAGA, Mulleres Arquitectas de Galicia, rendeulle unha homenaxe na Escola técnica superior de Arquitectura da Coruña.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevistas dentro do proxecto de investigación MAGA, Mulleres Arquitectas de GAlicia, da Universidade da Coruña (en castelán) Las mujeres arquitectas de Galicia: su papel en la profesión y en la enseñanza de la profesión

Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2014