Samoa Airways, anteriormente Polynesian Airlines, é a aeroliña nacional de Samoa. A compañía fundouse no ano 1959 co nome de Polynesian Airlines, proporrcionando voos domésticos e internacionais a través do Pacífico Sur. As operación internacional suspendéronse temporalmente en 2005 e comezaron a ser operados pola nova aeroliña Polynesian Blue (posteriormente Virgin Samoa), antes de ser reanudadas baixo o novo nome da compañía, Samoa Airways, a finais de 2017.
Samoa Airways é na súa totalidade propiedade do goberno de Samoa e está baseada na súa capital, Apia. A súa sede está no edificio Samoa National Provident Fund en Beach Road e o seu principal centro de conexións é o aeroporto de Faleolo. A día de hoxe a compañía opera voos de curto alcance dentro de Samoa e da Samoa Americana, e voos de longo alcance cara Australia e Nova Zelandia.
Frota En agosto de 2007 a frota de Samoa Airways estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Samoa AirwaysAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCYTotalBoeing 737-8001—8162170Operado por NeosDe Havilland Canada DHC-6-300 Twin Otter3——1919Total 4—
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Samoa