Wilfred Agbonavbare, nado en Lagos o 5 de outubro de 1966 e finado en Alcalá de Henares o 27 de xaneiro de 2015, foi un futbolista nixeriano que xogou como porteiro. Foi internacional coa selección de Nixeria. Traxectoria

Formouse como futbolista en diversos equipos da Primeira División de Nixeria ata que en 1990 puido fichar polo Rayo Vallecano de España, no que permaneceu seis tempadas e ó que axudou a acadar o ascenso a Primeira División na tempada 1991-92. Grazas ás súas actuacións foi convocado pola selección nixeriana na Copa de África como na Copa Mundial de 1994. A súa retirada tivo lugar no Écija Balompié de Segunda na tempada 1996-97.

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Lagos Categoría:Finados en 2015 Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas de Nixeria Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Écija Balompié Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Nixeria