Nasi (en ) é un termo que significa "príncipe" en hebreo bíblico. En hebreo moderno, nasi equivale a "presidente", e non se utiliza no seu sentido antigo, quedando para "príncipe" a palabra nasich.

O Nasi era o membro con maior rango e o que presidía o Sanedrín, mesmo cando se reunía como tribunal penal.Mishna Chagiga 2:2 O cargo foi creado no ano 191 a. C., cando o Sanedrín perdeu a confianza na capacidade dos Sumos Sacerdotes para dirixirlle. Os romanos recoñeceron ao Nasi como "Patriarca dos Xudeus", e esixiron que todos os xudeus pagasen un imposto para o mantemento do cargo, que foi clasificado dentro da xerarquía oficial romana nun posto alto.

Segundo a Halakha, o Nasi era encargado de realizar algúns anuncios como o de proclamar en anos bisestos (שנה מעוברת, shaná me'ubéret) o décimo terceiro mes (אדר ב, Adar bet) ata que Hillel II, publicou no século IV unhas regras para o cálculo do calendario xudeu.

O rabino Yehudá Hanasí, da liñaxe de David, foi un dos máis coñecidos por redactar a Mishná. Descendente de David, recibiu o título de príncipe.Talmud Yerushalmi, citado en Tosafos, Sanedrín 5a

Gamaliel VI foi o último Nasi, executado no ano 425 por orde de Teodosio II, por autorizar a construción de novas sinagogas en contra das leis ditadas por Honorio en occidente e por el mesmo en oriente, e a continuación suprimiu o cargo. Con todo, o imposto seguiu cobrándose e ingresábase no tesouro imperial.

O rabino Adin Steinsaltz é o actual Nasi, nun intento de restablecer no xudaísmo tanto un Tribunal Superior de Xustiza como tribunais menores.

Lista de Nesi'im Durante o período mishnaico, o cargo de nasi foi ocupado por:

Nasi Duración do cargoYose ben Yoezer 170 a. C. 140 a. C.Joshua ben Perachyah 140 a. C. 100 a. C.Simeon ben Shetach 100 a. C. 60 a. C.Sh'maya 65 a. C. c. 31 a. C.Hillel o Vello c. 31 a. C. 9 d. C.Shimon ben Hillel 9 9Shammai 9 30Rabban Gamaliel o Vello 30 50Rabban Shimon ben Gamliel 50 70Rabban Yohanan ben Zakai 70 80Rabban Gamaliel II of Yavne 80 118Rabbi Eleazar ben Azariah 118 120Interregnum (Revolta de Bar Kokhba) 120 142Rabban Shimon ben Gamliel II 142 165Rabbi Xudá I haNasi 165 220Gamaliel III 220 230Xudá II Nesi'ah 230 270Gamaliel IV 270 290Xudá III Nesi'ah 290 320Hillel II 320 365Gamaliel V 365 385Xudá IV 385 400Gamaliel VI c. 400 425Interregnum (Exilio) Desde 455

Nesi'im do Estado de Israel Presidente Tempo no cargoChaim Weizmann 1949 1951Itzhak Ben-Zvi 1952 1963 Zalman Shazar 1963 1973 Ephraim Katzir 1973 1978 Yitzhak Navon 1978 1983 Chaim Herzog 1983 1993 Ezer Weizman 1993 2000 Moshe Katsav 2000 2007 Shimon Peres 2007 2014 Reuven Rivlin 2014 No cargo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sanedrín Sumo Sacerdote de Israel

Categoría:Historia de Israel Categoría:Xudaísmo Categoría:Ocupacións Categoría:Títulos eclesiásticos